martes, 26 de febrero de 2013
LUDOTECA LINGÜÍSTICA
Este martes día 26 os nenos e nenas de 4 anos participamos nesta actividade do noso Concello, que consiste na recuperación de xogos tradicionais, xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico. O noso alumnado tivo que ir superando as distintas probas que lles propuxeron de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
sábado, 23 de febrero de 2013
MERENDOLA DE ENTROIDO
Con motivo da celebración desta festa tradicional e coa colaboración das familias o alumnado de infantil disfrutou da degustación dos postres típicos do entroido da nosa terra: orellas, filloas e flores.
CELEBRAMOS O ENTROIDO
Este ano a temática do Entroido xirou arredor do eslogan da Biblioteca do Colexio: "Planeta auga, satélite lectura".
Coma todos os anos fixemos todos xuntos as fotos de grupo e un pasarrúas polo Calvario.
FOTOS DE GRUPO
FOTOS DO DESFILE
ORDES DO MECO
lunes, 18 de febrero de 2013
CONTO "DOÑA CARME"
Non vos podedes perder a historia de "Doña Carme" contada por Xoán e Hugo de tres anos.
É incrible!!! Que ben o fan.
jueves, 7 de febrero de 2013
AITOR PONCETE: EL CARNAVAL
Hoxe
recibimos outro caso de Aitor Poncete para resolver!!!! Pois resulta
que no taller de costura dos disfraces do entroido hai un lío e non se
sabe de quen é cada prenda.
Tivemos que axudalo antes de que fora
demasiado tarde, xa que o carnaval está á volta da esquina.
Queredes ver como nos foi???? Dádelle ao play.
martes, 5 de febrero de 2013
MÓLLATE POLA PAZ
Elaboramos un mural con pingas no que escribimos os nosos desexos de paz, compromisos, poesías...
Decoramos unhas pedras brancas para encher a palabra PAZ e unha POMBA debuxadas no xardín do colexio.
Por último, despois dunha pequena lectura polos nenos de primaria, todo o alumnado cantamos e bailamos a canción de Macaco "Mensajes del Agua" que nos ensinou a mestra Teresa.
lunes, 4 de febrero de 2013
"PODEMOS SER MELLORES"
Os alumnos e alumnas de quinto de primaria do Ceip Valle - Inclán, co motivo da celebración do Día da Paz e Non Violencia no seu cole, fixeron un gran anuncio co lema "PODEMOS SER MELLORES" , dirixidos polo seu mestre Óscar.
Merece a pena adicar un momentiño a ve-lo e reflexionar que debemos comezar a sementar a Paz coas persoas que temos ao noso arredor.
Para poder ver o vídeo só tendes que clicar na seguinte imaxe.