miércoles, 30 de mayo de 2018

FESTA DA ALEGRÍA

Estes días o noso barrio celebra a FESTA DA ALEGRÍA, e realmente é unha ledicia pasear pola peonil do Calvario.  Podemos mercar todo tipo de productos, artesanía ... participar de pasarrúas, escoitar música tradicional ..... e os  máis cativos poden gozar de diversas actividades lúdicas.
O Pombal tamén quixo sumarse a esta festa . Miraaaade ...!!!!! que chulo nos quedou ....


Agradecemos a BARAFUNDA este agasallo, a colaboración , o cariño e a sensibilidade que sempre ten coa  nosa comunidade educativa.

martes, 29 de mayo de 2018

TRES GRANDES MULLERES

 O alumnado de 4 anos A este curso estiveron.......

 INVESTIGANDO  TRES GRANDES MULLERES
                              - ROSALÍA DE CASTRO. Como comezaba a semana da poesía, repasamos o poema dela e a ela apintamola  coas cores frías ou cálidas.Pedimos verbas galegas para facer a poesía;copla maio...



                              - MAYA PENN,  8 DE MARZO  (ENVIARON O PDF AO CONCURSO DE RECICLAXE E MEDIO AMBIENTE) As actividades que fixemos estan  relacionadas cos traballos e aficións de Maya.




                              - Mª VICTORIA MORENO MARQUEZ, 4º MULLER HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.




Unha muller comprometida coa docencia, coa lingua e a cultura Galega. Decoramos o escenario cunha caricatura súa, con Galicia no colo e a entrada do colexio cun debuxo dos seus derradeiros anos.

OBRADOIRO GLOBOFLEXÍA

O alumnado de 1º de primaria, onte, participou dun obradoiro de globoflexía impartido polo grupo Barafunda. Para comenzar LOLO o encargado do obradoiro, nos contou un pouco sobre os globos ,de onde se obten a materia prima para facer un globo, como se elaboran..... O que temos que averiguar é .... que árbore no dá a resina, para facer o látex dos globos? Aaaaahh!! Algo moi importante que son biodegradables, tardan aproximadamente en desfacerse uns catro meses. Foi unha experiencia inesquecible.
Pasámolo xenial!!! Fixémos unha morea de fotos.



https://photos.app.goo.gl/1nBcczyvteOg2GDO2

martes, 22 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

Para celebrar o día das Letras Galegas, preparáronse unha serie de actividades culturais.
PARABÉNS a mestra ANGÉLICA pola súa posta en escena do personaxe homenaxeado este ano neste día, Maria Victoria Moreno Márquez . Parabéns a todos os nenos e nenas que participan na obra de teatro lido  e no grupo musical e a mestra TERESA que grazas ao seu esforzo e traballo extra nos recreos fannos gozar destes momentos tan ledos. Noraboa ao alumnado de Infantil e de primeiro polo recitado de poesías.
Agradecemos tamén a todo o profesorado a súa implicación e colaboración , deste xeito facemos  posible as celebracións no noso centro. NORABOA A TOD@S POLO FANTÁSTICO TRABALLO EN EQUIPO!!!


Estade atent@s que axiña estarán máis videos e fotografías .

miércoles, 16 de mayo de 2018

SPRING FESTIVAL

O alumando e profesorado do Ceip O Pombal este curso participamos do programa Europeo.
https://www.etwinning.net/es/pub/index.htm

eTwinning fomenta a colaboración escolar en Europa utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e apoia aos centros escolares prestándolles as ferramentas e os servicios necesarios que faciliten a súa asociación para desenvolver un proxecto en común.

pring Festival  é a nosa proposta europea de traballo en común.

Toda cidade ou rexión celebra as primeiras flores en primavera. As escolas mostran e comparten as tradicións e a cultura a través de diferentes actividades que inclúen materias curriculares: artes e oficios, literatura, ciencia, música, etc. Descubrir sobre "Os Maios" en Internet e na biblioteca escolar libros, cancións, rimas, arte e artesanías, decorando unha árbore (pedindo axuda ás familias: fiuncho,xestas , flores, ovos, laranxas). Investigando sobre como cada país socio celebra a chegada de Spring, inventando "coplas" (a rima con 3 estrofas cada escola, explicando a forma e tema de cada estrofa), decorando  con materiais naturais ou reciclados, decorando unha árbore ...




Estade atent@s  para ver fotos e videos.

    


 

Se queres ver a participación de todo o alumnado na elaboración do maio natural non deixes de ver este video ...



viernes, 11 de mayo de 2018

ANIMACIÓN Á LECTURA

O alumnado  de 1º de Primaria, o xoves día 10 de maio, participou dunha animación á lectura relacionada coa lectura do libro...  AGENTE RICITOS. A animación estivo a cargo de Iago López....

Tras a lectura do libro que nos agradou moitísimo polo orixinal e divertida , fixémos en cada aula  unha actividade plástica para profundizar no contido do libro.

Agradecemos ao equipo de Biblioteca esta proposta , veredes nas fotos canto gozaron os alumnos/as coa actividade. Foi  xenial !!!!!


https://photos.app.goo.gl/Uzgg5GGk4KxihBQ72

VIDEO


ANDAINA POLOS HÁBITATS DO CAMPUS DE VIGO


Este venres o alumnado de 3º de primaria  fomos ao Campus Universitario de Vigo,está na parroquia de Zamáns, a úns 15km de Vigo.

Gozamos e disfrutamos do espazo natural; matos, piñeirais, humedais, prados,...
e tamén poidemos  visitar  a universidade de Bioloxía.
                                           Foi un día moi completo!



miércoles, 9 de mayo de 2018

IX xornadas municipais de teatro escolar

O alumnado de 6ºA de  E d. Infantil e o alumnado 1º e 2º de Primaria , esta semana  realizaron unha saída escolar para asistir ás  IX XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR .
As representacións  tiveron lugar no Auditorio do Concello de Vigo. Como xa é habitual actores e espectadores gozaron compartindo as súas representacións e un descanso de convivencia.
https://photos.app.goo.gl/k8EV2kquGcuptpvV9
                                    Preme na imaxe para ver FOTOS


martes, 8 de mayo de 2018

Yaiza e Lucía de 5ºB



                              Yaiza e Lucía fixeron un traballo sobre Europa e a Unión Europea.
                                  
                                                             Bo traballo, chicas!!!!




As nenas e nenos de 5º practicamos atletismo no CUVI.



No mes de maio as rapazas e rapaces de quinto de primaria estivemos correndo, saltando e lanzando xunto con outros coles nas instalacións da universidade.
                                                                 Somos uns campeóns!!!!