viernes, 21 de diciembre de 2018

FIN DE ANO

Como xa ven sendo tradicional, o último día de cole , o alumnado e profesorado  celebran fin de ano. Cada ano é unha festa máis sorprendente , coas badaladas en directo, música disco, fotógrafos profesionais..... e moita ilusión e alegría. Por cada badalada un lacasito ou gusanito.... Que  ricoooo!!!! 


Este ano  un toque especial.... con aplausos e coreando o seu nome, despedimos ao noso entrañable orientador Paulino!! A comunidade do Pombal desexa que disfrutes da merecida xubilación!!
Axiña teremos fotos e video, estade aten@s

jueves, 20 de diciembre de 2018

MUSEO DO MAR

O alumnado de 2º de Primaria este trimestre visitamos o Museo do mar. Participamos dun obradoiro  de experimentación con diversos elementos que podemos atopar nos areais das nosas praias, descubrimos diferentes texturas, e  visitamos o acuario .Esta actividade está relacionada coa PDI deste curso " Lemos en Verde " é o lema do 1º ciclo é:


domingo, 9 de diciembre de 2018

A IMPORTANCIA GOBAL DO ÓCEANO

O alumnado de 2º de primaria o mércores día 5 de decembro asistiu a unha Charla impartida por Juan Bellas, profesor de investigación do IEO.
Foi un honor que o presentara o seu fillo Xabier, que nos explicou moi ben sobre a súa actividade de investigación.

Mediante un sinxelo experimento aprendemos que son as correntes oceánicas e como se forman, e falamos da súa importancia na redistribución da enerxía procedente do sol por todo o planeta.
 
 Descubrimos a importancia que poden ter uns seres vivos microscópicos, as microalgas (fitoplancto), que ademais son en parte responsables da coloración do mar. Iso se debe á que as algas, igual que as plantas terrestres, teñen unhas moléculas chamadas pigmentos (como a clorofila), que utilizan para tomar a enerxía lumínica e transformala en materia orgánica. Facemos un experimento no que extraemos e observamos os pigmentos das plantas.

 

Explicamos o fenómeno da ‘ardora’ ou ‘ardentía’, o brillo nocturno da auga que se pode observar nas nosas praias. Este fenómeno débese á presenza dalgunhas especies de microalgas que son capaces de producir luz. Apagamos as luces e, en escuridade, axitamos un matraz que aparentemente solo ten auga, e vemos como produce una luz azulada. Este fenómeno, que ten lugar en varios organismos mariños, chámase bioluminiscencia.

A idade dos peixes
Dentro das labores dos científicos mariños, o estudio das poboacións de peixes é moi importante, xa que diso depende a cantidade de peixe que se pode pescar. Nestes estudios é esencial coñecer a idade dos peixes, así que aprendemos como se calcula. Como o facemos? Pois os peixes, igual que o resto dos vertebrados, teñen uns ósos no seu cranio, que se chaman otolitos. Estes ósos, que serven para manter o equilibrio e a profundidade, así como para detectar vibracións na auga, presentan aneis de crecemento anuais (parecidos ós aneis das árbores), que nos permiten calcular a súa idade. Vemos otolitos de diferentes especies de peixes, con formas diferentes, e aprendemos como varía o seu tamaño ó crecer o animal.

Un cranio de …
Vemos un cranio dun animal mariño pero, de que animal? Será dun peixe espada …, dunha ave … Pois é o cranio dun arroaz. Un golfiño. O que pasa é que lle falta o órgano do melón, un órgano de tecido graxo que teñen os cetáceos como os golfiños ou as orcas, na súa fronte. E así é máis difícil de identificar. Este órgano o empregan para coñecer o seu entorno e para a captura de presas, mediante a emisión de sons. Isto chámase ecolocalización.
Vemos como é o cranio, as vértebras, as costelas e os dentes dos golfiños. En canto ós dentes, vemos a diferencia entre os dentes dos golfiños e os dos humanos. Son moi pequenos, afiados, teñen moitos, e ademais, son todos iguais, porque non teñen diferentes funcións como os nosos dentes. Teñen unha función única, coller a súa presa e desgarrala. Despois a tragan sen mastigar.

 Pasámolo Xenial e canto aprendemos !!! En pequenos grupos imos contarlles a   experiencia aos compañeiros/as de 1º de primaria.

Agradecemos a Juan Bellas a súa implicación e colaboración nesta actividade escolar.

lunes, 3 de diciembre de 2018

Sociais con Selene e Marta



Selene e Marta fixeron un traballo sobre o relevo e os climas de España. ¡¡Os climogramas son increibles!! Moi bo traballo chicas.