O alumnado de 2º de primaria o mércores día 5 de decembro asistiu a
unha Charla impartida por Juan Bellas, profesor de investigación do IEO.
Foi un honor que o presentara o seu fillo Xabier, que nos explicou moi ben sobre a súa actividade de investigación.
Mediante un sinxelo experimento aprendemos que son as correntes oceánicas e
como se forman, e falamos da súa importancia na redistribución da enerxía
procedente do sol por todo o planeta.
Descubrimos a importancia que poden ter uns seres vivos microscópicos, as microalgas (fitoplancto), que ademais son en parte responsables
da coloración do mar. Iso se debe á que as algas, igual que as plantas
terrestres, teñen unhas moléculas chamadas pigmentos (como a clorofila), que
utilizan para tomar a enerxía lumínica e transformala en materia orgánica.
Facemos un experimento no que extraemos e observamos os pigmentos das plantas.
Explicamos o fenómeno da ‘ardora’ ou ‘ardentía’, o brillo nocturno da auga
que se pode observar nas nosas praias. Este fenómeno débese á presenza dalgunhas
especies de microalgas que son capaces de producir luz. Apagamos as luces e, en
escuridade, axitamos un matraz que aparentemente solo ten auga, e vemos como
produce una luz azulada. Este fenómeno, que ten lugar en varios organismos
mariños, chámase bioluminiscencia.
A idade dos
peixes
Dentro das labores dos científicos mariños, o estudio das poboacións de
peixes é moi importante, xa que diso depende a cantidade de peixe que se pode
pescar. Nestes estudios é esencial coñecer a idade dos peixes, así que
aprendemos como se calcula. Como o facemos? Pois os peixes, igual que o resto
dos vertebrados, teñen uns ósos no seu cranio, que se chaman otolitos.
Estes ósos, que serven para manter o equilibrio e a profundidade, así como para
detectar vibracións na auga, presentan aneis de crecemento anuais (parecidos ós
aneis das árbores), que nos permiten calcular a súa idade. Vemos otolitos de
diferentes especies de peixes, con formas diferentes, e aprendemos como varía o
seu tamaño ó crecer o animal.
Un cranio
de …
Vemos un cranio dun animal mariño pero, de que animal? Será dun peixe
espada …, dunha ave … Pois é o cranio dun arroaz. Un golfiño. O que pasa é que
lle falta o órgano do melón, un órgano de tecido graxo que teñen os cetáceos
como os golfiños ou as orcas, na súa fronte. E así é máis difícil de
identificar. Este órgano o empregan para coñecer o seu entorno e para a captura
de presas, mediante a emisión de sons. Isto chámase ecolocalización.
Vemos como é o cranio, as vértebras, as costelas e os dentes dos golfiños.
En canto ós dentes, vemos a diferencia entre os dentes dos golfiños e os dos
humanos. Son moi pequenos, afiados, teñen moitos, e ademais, son todos iguais,
porque non teñen diferentes funcións como os nosos dentes. Teñen unha función
única, coller a súa presa e desgarrala. Despois a tragan sen mastigar.
Pasámolo Xenial e canto aprendemos !!! En pequenos grupos imos contarlles a experiencia aos compañeiros/as de 1º de primaria.
Agradecemos a Juan Bellas a súa implicación e colaboración nesta actividade escolar.