Nesta ocasión houbo que renovar os tamboriles e con antelación se fixo un obradoiro en colaboración coas familias .
Todo estaba listo para o obradoiro musical impartido polo grupo de música tradicional colaborador coa asociación do Casco Vello e o Concello de Vigo.
.
Preparamos tamén a pancarta que nos identifica posto que cada ano participamos máis centros educativos desta cidade.
E chegou o día ... !! Todos e todas vestidos de época!! De franceses, vigueses e viguesas!!! a desfilar polas rúas"acompañados por gaiteiros, percusionistas, tocando os tambores.
Agradecemos ás familias a súa colaboración acompañando ao alumnado nesta actividade .
Un agradecemento especial, ao grupo musical que nos amenizou tocando a gaita e as pandeiretas.
Aquí está a foto de grupo con ...!!
Foi un día fantástico, pasámolo xenial !!