jueves, 25 de abril de 2019

Riqueza musical de Vigo



 Concerto no Conservatorio Superior de Música



Se algo caracteriza a Vigo na actualidade é a súa cultura musical de base:

·         Nove bandas de música coas súas escolas de música,
·         35 coros e corais polifónicas.
·         Máis dunha decena de agrupación folclóricas.
·         Dúas orquestras de música clásica.
·         Un conservatorio público medio e superior de música con grao en instrumentos da música tradicional (o único de Galicia),
·         Dous conservatorios privados,
·         Unha escola municipal de música
·         Unha escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD)…

Grazas a esta riqueza cultural e o bo facer da Consellería de Educación o noso alumnado puido asistir neste curso académico a varios concertos didácticos.
 






  
Concerto da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA  FOLK E TRADICIONAL
(E- TRAD)


O venres 12 de abril, o alumnado de 6º de Educación Primaria, asistiu ao concerto didáctico: “Vigo en sons” interpretado polos mestres da E-TRAD no Auditorio do Concello de Vigo.
Ao longo  do concerto desfrutamos coa interpretación de variadas obras musicais, ademais  vimos vídeos explicativos e imaxes de músicos moi importantes nados ou afincados na nosa cidade como: Os morenos de Lavadores, Henrique Otero, Antón Corral, Milladoiro, a Orquestra Folk de Galicia Son de Seu, Anxo Pintos, ...
Foi un pracer escoitar o tamboril, a pandeireta, a voz, o bombo, a zanfona, arpa, buzuqui, violín, gaita, requinta,...
Participamos con ilusión , escoitando e batendo palmas cando o solicitaban. Remataron a actuación cantando e tocando a canción: “O gato metido nun saco”,  e o noso alumado tamén a cantou.















Na E-TRAD imparten clases de arpa céltica, acordeón diatónico, canto popular, corda pulsada, gaita, percusión tradicional, requinta, violín e zanfona.
Parabéns aos Mestres da ETRAD de Vigo e ao Servizo de Educación do Concello de Vigo, pola calidade do concerto e por promover a nosa cultura.