Os días 15 e 22 de Novembro os nenos/as de 4º de primaria fixemos unha visita ao Mercado do Berbés.
Ata alí fomos camiñando, polo que aproveitamos para ver moitas cousas interesantes da nosa cidade: o Monumento ao Traballo (Redeiras); a Farola de Urzáiz; o Museo Marco; a Praza da Constitución co vello edificio do Concello...
Xa no mercado visitamos distintos postos de venta de peixes e mariscos, onde poidemos coñecer as diversas especies que ofertan. Chamounos moito a atención o grandes que poden chegar a ser as centolas!
Logo fixemos un pequeno obradoiro sobre todo aquilo que vimos anteriormente e que resultou moi interesante.
Antes de voltar regaláronnos unhas bolsas que contiñan unhas camisetas. A verdade é que foron moi atentos e moi amables con todos nós.
Para regresar ao colexio collemos o bus na rúa Policarpo Sanz; algúns pagamos coa tarxeta de Vitrasa e outros con diñeiro.
A verdade é que resultou unha saída moi interesante, divertida e útil para desenvolvernos na vida diaria.
Se non nos credes, mirade o seguinte vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario