Os nenos e nenas de primeiro acabamos este trimestre dun modo moi doce, facendo uns ricos e pequenos biscoitos no colexio.
Primeiro puxemos o mandil e cos ingredientes preto comezamos a seguir os pasos que a profe Merce nos ía indicando. Unha vez feita a mestura, botámola nunha taza, cuberta con papel para postres, e metémo-la no microondas durante dous minutos. Como crecía!!!
Por certo non só teñen moi boa pinta, senón que están moi ricos. Animámosvos a facelo cos vosos pais.
Aquí vos deixamos un vídeo cos pasos da receita e co resultado!!!
Resolvemos o último caso deste
ano de Aitor Poncete. Menudo lío, Papanoel e os Reis Magos tiñan os seus
regalos mesturados, pero entre todos conseguimos colocar cada un no seu lugar.
O detective tamén quixo darnos a
súa felicitación de Nadal, pero estaba escrita nun código secreto que só nós
entendemos, así que puxémonos mans á obra e descifrámo-lo.
Queredes ver como foi????
Facede clic no vídeo de abaixo!!!!!!
O alumnado do O Pombal o 12 do 12 ás 12 sumouse a iniciativa convocada pola coordinadora Galega ENDL recitando un poema do escritor Celso Emilio Ferreiro da súa obra "Longa noite de pedra".
Na entrada do colexio colocamos dous cabaletes con poemas del.
Estivemos traballando varios días a figura e obra deste gran escritor, limos, analizamos, comentamos e seleccionamos o poema.
Ides ver a nosa interpretación do POEMA DEITADO FRENTE AO MAR.
Deste xeito desexamos manifestar, dun modo lúdico, o noso compromiso cívico cara á lingua galega como dí o poema...
Os nenos e nenas de primeiro estivemos a estudar os alimentos: a súa procedencia (vexetal ou animal), se os comemos elaborados ou naturais e o máis importante levar a cabo una alimentación saudable. Para iso, estudamos a pirámide observando cales eran os alimentos dos que menos podemos abusar e os que nunca deben faltar na nosa alimentación.
Quixemos facer unha pirámide xigante e colgala no cole para non olvidar o aprendido e compartilo co resto do colexio.
Aquí vos deixamos un vídeo do traballo. Esperamos que vos guste!!!!
O 26 de novembro do 2.012 os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria tivemos
a sorte de ter un OBRADOIRO DE REGUEIFAS, impartido por D. Luís O Caruncho e D. Pinto D´ Herbón.
Esta
actividade foi ofertada pola Concellería de NL a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo.
A
través deste obradoiro o alumnado aprendeu a orixe da regueifa, a importancia da
improvisación oral para a súa creación,
do ritmo, da rima , dos xogos de palabras,…
O
alumnado escoitou aos regueifeiros con asombro. Qué capacidade para a
improvisación!!!
Logo
das explicacións e de elaborar unhas regueifas entre todos, algúns alumnos/as
conseguiron crear as súas propias regueifas.
Aquí tendes unhas imaxes e vídeos do que aconteceu
ao longo do obradoiro.
Hoxe tivemos un día do máis normal no cole ata despois do patio.
Como
cada día ao subir do recreo temos a hora de ler que fixemos todos os nenos e nenas xuntos na aula de 1º B. Ata aquí todo normal, pero pouco despois de que cada un fóra a súa aula para seguir traballando tocáronnos á porta e atopamos unha nova mensaxe de Aitor Poncete e un camiño de
follas caídas das árbores que levaba dende a aula ata o patio.
Despois
de ler a mensaxe, seguimos o camiño de follas e atopamos 4 caixas,
dentro, cada caixa, tiña follas escritas recortadas pola metade.
Decidimos leva-las para a aula e resolver o misterio. Mostrámosvos o resultado final e como foi o proceso.