miércoles, 5 de diciembre de 2012

AITOR PONCETE: EL OTOÑO

Hoxe tivemos un día do máis normal no cole ata despois do patio. 
Como cada día ao subir do recreo temos a hora de ler que fixemos todos os nenos e nenas xuntos na aula de 1º B. Ata aquí todo normal, pero pouco despois de que cada un fóra a súa aula para seguir traballando tocáronnos á porta e atopamos unha nova mensaxe de Aitor Poncete e un camiño de follas caídas das árbores que levaba dende a aula ata o patio.

Despois de ler a mensaxe, seguimos o camiño de follas e atopamos 4 caixas, dentro, cada caixa, tiña follas escritas recortadas pola metade. Decidimos leva-las para a aula e resolver o misterio.
Mostrámosvos o resultado final e como foi o proceso. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario