UNHA ENSALADA MOI SAUDABLE
O labregos de 4 anos A recolleron a colleita dos seus traballos na horta. As fermosas cabazas e leitugas que colleitamos na nosa horta permitíronos facer na aula, xa fai un tempo, a degustación de chulas de cabaza e agora dunha ensalada moi saudable. Aprendemos a lavala, escorrela, picala e adobala con sal, vinagre e aceite, e mesturar tódolos ingredientes para proceder logo a súa degustación.
¡¡¡ QUE BOA ESTABA!!!
Xa plantamos outras dúas ducias para unha nova degustación en vindeiras semanas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario