O martes 4 tivemos o honor de recibir no cole a Don Manuel Bragado Rodríguez que compartiu cos máis cativos do cole o conto de "Doña Carme".
Pero sen dúbida, a nosa grata sorpresa son as palabras que nos adica no seu blogue e das cales lle damos o noso máis sincero agradecemento.
"Ás nove da mañán fun contar Dona Carme ao alumnado de tres anos do Colexio Pombal do Calvario.
Como acontece decote a experiencia foime gratificante, mais tamén
saudosa. É unha marabilla comprobar que tras máis de vinte anos, Dona Carme
continúa engaiolando aos picariños e picariñas pola eficacia do seu
mecanismo acumulativo (roubado á tradición oral popular), que permite a
conquista da súa memorización e promove a súa participación
interpretando as voces de cada un dos animais. Nestas sesións con Dona Carme sempre atopo sorpresas. No Pombal
descubríronme as posibilidades de aproveitamento matemático do texto,
tanto para a aprendizaxe da numeración coma para sumar e restar. Quedei
abraiado da facilidade coa que utilizaban este procedemento. Despois da
proxección da peza que prepararon, a narración de Xoán e Hugo,
despois de contarmos e cantarmos ben contados e cantados, asinei varias
ducias de exemplares. Fíxeno coa atención e agarimo que merecía
semellante oportunidade. Non podo evitar a emoción ao lembrala e agora
ao escribilo. Para as crianzas do Pombal foi o seu primeiro libro, o seu
primeiro tesouro atopado. Saín para a oficina máis feliz ca un cuco."
No hay comentarios:
Publicar un comentario