Neste trimestre o noso alumnado,xunto co profesorado e as familias iniciamos un traballo de investigación para coñecer mellor o barrio onde vivimos.
o alumnado de 4º de primaria buscou información sobre:
- O río Lagares que baña a nosa cidade: onde nace,por onde pasa,que recorrido ten....
- Os muíños: como funcionan,como se chaman as súas partes,temos algún na zona?
- Os lavadoiros, fontes,.... é dicir ,todo aquilo que guarda relación coa auga.
Foi un traballo moi interesante,toda a rapazada e as mestras aprendemos moito!!
Descubrimos que :
- Moi preto do colexio,na parroquia de Cabral ,Candeán e Lavadores,existen muíños que aínda funcionan e outros en desuso.
- Tamén a cantidade de fontes e lavadoiros que hai espallados por toda o zona.
Aquí podedes ver o moito que traballamos no colexio buscando información.
No mes de decembro fixemos unha saída para ver "in situ" todo o que aprendemos, e a verdade é que resultou fenomenal!.Toda a rapazada ía moi motivada, e grazas a colaboración de Manuel Costas ( Secretario da Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral) que foi un guía estupendo e acompañándonos durante todo o camiño os nenos e nenas poideron agarimarse con tódalaó experiencias novas
Tamén queremos agradecer aos veciños donos do muíño de Parada,Don Daniel e Dionisio a súa dedicación por poñer a moer o muíño e atender a tódalas preguntas dos nenos e nenas.
Aquí déixovos o que escribiu Ana Benavides sobre o vivido na saída.
3 VISITA AO MUIÑO - Kizoa Movie Maker
Aquí déixovos o que escribiu Ana Benavides sobre o vivido na saída.
Grazas Ana ,eres unha gran redactora !!!
Excursión á Lagoa Mol
Ola son Ana
Benavides Viñas, unha nena de 4º de primaria, estudo no colexio Pombal e fixen
unha redacción arredor dunha saída que fixemos á Lagoa Mol.
O primeiro que
fomos visitar foi o bosque en Cabral, vimos un cruceiro de 1962, tamén vimos un
hórreo, un cartel, unha lagoa XXL, un camiño,amieiros,salgueiros, plantas invasoras, parrulos, un campo de golf, ...
Despois fomos
visitar o muíño de auga, alí explicounos o sr. Costas como se moe.
Primeiro cae
a auga con forza por unha pendente e entra no muíño facendo xirar a moa. Logo botamos os grans de millo pola moega e baixan ata a tarabela que deixa pasar os
grans dun en un. Cando os grans caen na moa, a moa esmágaos e convérteos en
fariña.
Posdata: tamén nos deron fariña.
Ademais visitamos
un peto de ánimas, un home falounos de que se podía ir alí para rezar polas
persoas que morreron.
Máis tarde,
fomos merendar a un parque que había en Candeán.
Por último,
visitamos un dolmen que era onde enterraban os mortos antigamente,
ata encontramos un anaco de pel cosida moi antiga!!!.
Ademais, vimos
dous canastros onde gardaban o millo: un moi antigo, e outro moi novo.
Explicáronnos que a cruz que levan enriba é para que protexa o millo e o pico
para defender o millo como se fose unha espada.
En canto ós pés do canastro, contáronnos que teñen unha pedra circular
enriba de cada pé, que se chama tornarratos, que é para que non poidan subir os
ratos a comer o millo
3 VISITA AO MUIÑO - Kizoa Movie Maker
No hay comentarios:
Publicar un comentario