Lembrades o Proxecto "Lavadores: pasado e presente da nosa parroquia" que fixemos o ano pasado os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria?
O obxectivo era dar a
coñecer a orixe do antigo Concello de Lavadores e os seus elementos etnográficos máis salientables, para o que investigamos sobre o barrio, as fontes, os lavadoiros, o nome
das rúas, etc. e traballamos dende todas as materias e áreas: titores/as, Música, Relixión...
Pois fixémolo tan ben que a Fundación Antonio Fraguas ofreceunos expoñelo no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Ademais, os rapaces de 5º e 6º xunto cos seus mestres/as irán a Compostela o día 25 deste mes para recibir o premio.

Parabéns aos rapaces e ás familias polo esforzo e polo éxito desta aventura, así como ás mestras e mestres que fixeron posible este proxecto que pon en valor o noso barrio.
Se queredes podedes ver a GALERÍA DE FOTOS da excursión e do acto oficial, no que a mestra María, coordinadora do proxecto, recolleu o premio.
Se queredes podedes ver a GALERÍA DE FOTOS da excursión e do acto oficial, no que a mestra María, coordinadora do proxecto, recolleu o premio.
Enhorabuena!!!
ResponderEliminar