miércoles, 25 de mayo de 2016

III QUEDADA LITERARIA



O luns 23 de maio foi o día elexido para celebrar a III Quedada Literaria no Parque de Castrelos. Este ano participaron 10 colexios e institutos: O Pombal, Frián-Teis, Eduardo Pondal, Doblada, Fleming, Chouzo, Carrasqueira, Ría de Vigo, Ribeira (Porriño) e o IES de República Oriental do Uruguai. No noso caso, fomos co alumnado de 4º de Primaria e cos de 5º de Infantil (4 anos).

A experiencia foi, como sempre, moi enriquecedora: lectura individual silenciosa,
lectura compartida con alumnado doutros colexios, intercambio de marcapáxinas, xogos e, para rematar, unha sesión de contacontos nos xardíns do Pazo de Castrelos.

Grazas a todos os que axudaron a que esta actividade fose posible: Normalización Lingüística do Concello de Vigo (e a Marta Souto, en especial), a Anxo Alberte, Director da Biblioteca Xosé Neira Vilas, e, por suposto, ao profesorado e alumnado participantes.

Foi un día precioso para combinar dúas experiencias: a lectura e o contacto coa natureza que fan delas una fórmula perfecta. 


Para mostra, o vídeo do evento!


LETRAS GALEGAS 2016




Este curso dedicouse o día das Letras Galegas a Manuel María Fernández Teixeiro que foi membro da Real Academia Galega Galega polo seu labor en prol da nosa lingua e cultura.
            Naceu o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Era fillo de Antonio e Pastora, dous labregos. O pai chegou a ser alcalde da súa localidade.

Estudou bacharelato en Lugo e nesta cidade empezou a súa carreira literaria. Comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago aínda que os abandonou ao pouco tempo.
O seu primeiro libro de poemas publicouno cando tiña 21 anos e levaba por título «Muiñeiro de brétemas». Traballou durante moitos anos na vila lucense de Monforte de Lemos como procurador ao tempo que daba clases nunha academia, escribía libros, colaboraba nunha emisora de radio, participaba en política e mantiña aberta, xunto coa súa muller Saleta, a libraría Xistral.
Manuel María foi un gran defensor da cultura galega é un dos autores que ten máis libros publicados  no noso idioma.


Deixámosvos  un pequeno video onde se recolle o traballo realizado ao longo destes días por todos os nenos e nenas do Pombal :


·         Na decoración do colexio: mapa de Galicia, poemas, debuxos do seu retratos.

·         Cunha caixa de cartón fixeron unha silueta para retratarse coa figura de Manuel María.

·         Arco da vella co seu poema “ Arco da vella”.

·         Traballos nas aulas entorno a súa vida e obras.

·         Festival das Letras Galegas coa actuación :

_Obra de teatro XPS DERRADEIRA XERACIÓN”: Marta de 3º, Eric, Elisa, Lynette e Xhomara de 4º. Nuria  e Montserrat, David , Naiara, Ana,Uxía e Inés de 5º, Rosalía,  Candela, María e Area  de 6º.

_ Recital de poesías polo alumnado.

_ Actuación do grupo folclórico: cos mestres: Angélica,Teresa e Aitor e os alumnos Naiara, Xaime, Antón, Israel.




Neste vídeo podemos ver unha mostra de todo o traballo realizado.

jueves, 12 de mayo de 2016

Happy Birthday, Abby!

It's always a pleasure celebrating birthdays! It's even better doing it with a special person like Abby. We wanted to thank her all her efforts, work and energy helping the students and the teachers. It's been wonderful enjoying with her this school year, so she deserved this surprise. 

HAPPY B-DAY, ABBY!!!







viernes, 6 de mayo de 2016

Abby pon a bailar aos de 6ª

Abby, a nosa auxiliar de conversa, conseguiu poñer a bailar aos alumnos/as de 6º. Que liberen enerxías!


Aquí os de 6ºA



E aquí os de 6ºB!