O luns 23 de maio foi o día elexido para celebrar a III Quedada Literaria no Parque de Castrelos. Este ano participaron 10 colexios e institutos: O Pombal, Frián-Teis, Eduardo Pondal, Doblada, Fleming, Chouzo, Carrasqueira, Ría de Vigo, Ribeira (Porriño) e o IES de República Oriental do Uruguai. No noso caso, fomos co alumnado de 4º de Primaria e cos de 5º de Infantil (4 anos).
A experiencia foi, como sempre, moi enriquecedora: lectura individual silenciosa,
lectura compartida con alumnado doutros colexios, intercambio de marcapáxinas, xogos e, para rematar, unha sesión de contacontos nos xardíns do Pazo de Castrelos.
Grazas a todos os que axudaron a que esta actividade fose posible: Normalización Lingüística do Concello de Vigo (e a Marta Souto, en especial), a Anxo Alberte, Director da Biblioteca Xosé Neira Vilas, e, por suposto, ao profesorado e alumnado participantes.
Foi un día precioso para combinar dúas experiencias: a lectura e o contacto coa natureza que fan delas una fórmula perfecta.
Para mostra, o vídeo do evento!