jueves, 30 de junio de 2016
Thanks, Abby!
Thank you Abby for all your work, patience and smiles! It's been a pleasure working with you.
martes, 28 de junio de 2016
CELEBRACIÓN DÍA EUROPEO DA MÚSICA
Os días 20 e 21 de xuño celebramos o Día Europeo
da Música no noso colexio.
Os alumnos de 6º de Educación Primaria
interpretaron varias obras para os alumnos e profesores de Educación Infantil e
Primaria. Así, 6ºA interpretou coa voz un "POPURRI
MARIÑEIRO" e "A PITA PODEIRA" mentres que os de 6ºB
tocaron coa frauta doce: "O AMENCER" de Grieg, "ESPARABÁN DO INCIO" e "O ANDAR
MIUDIÑO".
Os alumnos de 3ºB motiváronse e interpretaron “DOUS PASOS DE VILACOVA”,
unha das cantigas que aprenderon coa súa titora este ano.
Para lembrar estas actuacións aquí un vídeo cantándolles aos compañeiros/as de Infantil e outro cos de Primaria. Grazas, alumnos/as de 6º e profe Tere!
martes, 14 de junio de 2016
INTERTEATRO
Neste tercer trimestre recibimos a visita do grupo teatral do CEIP Ría de Vigo de 3º de primaria, coa obra titulada "Chorando".
O alumnado de 3º,4º,5º e 6º do noso centro gozou moito coa súa interpretación.
Parabéns as mestras e mestres pola iniciativa e tamén a todo o alumnado que participa nesta actividade tan interesante.