Os días 20 e 21 de xuño celebramos o Día Europeo
da Música no noso colexio.
Os alumnos de 6º de Educación Primaria
interpretaron varias obras para os alumnos e profesores de Educación Infantil e
Primaria. Así, 6ºA interpretou coa voz un "POPURRI
MARIÑEIRO" e "A PITA PODEIRA" mentres que os de 6ºB
tocaron coa frauta doce: "O AMENCER" de Grieg, "ESPARABÁN DO INCIO" e "O ANDAR
MIUDIÑO".
Os alumnos de 3ºB motiváronse e interpretaron “DOUS PASOS DE VILACOVA”,
unha das cantigas que aprenderon coa súa titora este ano.
Para lembrar estas actuacións aquí un vídeo cantándolles aos compañeiros/as de Infantil e outro cos de Primaria. Grazas, alumnos/as de 6º e profe Tere!
No hay comentarios:
Publicar un comentario