Dende a Clínica Dental da Dra V. Vilar viñeron a visitarnos para falarnos sobre a saúde bucodental. Os nenos e nenas de 1º estivemos moi atentos, ensináronnos moitas cousas interesantes para aprender a coidar os nosos dentes. Ao rematar regaláronnos cepillos de dentes para todos.
miércoles, 14 de diciembre de 2016
domingo, 11 de diciembre de 2016
O Nautilius e o tesouro de Vigo
Os nenos e nenas de 5º de E. Primaria do CEIP "O Pombal" fixemos un percorrido polo Vigo histórico que visitou Jules Verne en 1878 e 1884.Dende a Fortaleza do Castro e O Monumento aos Galeóns afundidos na Batalla de Rande tentamos avistar o submarino "Nautilius"do Capitán Nemo,que seica poida estar recollendo cofres cheos de ouro e prata do tesouro de Rande.
Na Casa Galega da Cultura,antigo Concello de Vigo sito na Praza da Constitución,recibiunos o Conde Chateu-Renault que nos contou toda a historia da batalla.
Dende alí o Capitán Nemo acompañounos ata o monumento a Jules Verne nas Avenidas.
En "20000 leguas baixo os mares"nos vos perdades o capítulo "A baía de Vigo".

sábado, 3 de diciembre de 2016
REGUEIFAS
Foi unha xornada especial, divertímonos moito e o máis importante aprendemos a facer coplas cantadas, medindo os versos de xeito natural, empregando rima e ritmo.
Levamos connosco o "tara riro riro riro" que tanto se apega.
Agardamos que estes dous regueifeiros nos conviden ao festival regueifeiro que terá lugar no auditorio do Concello de Vigo o día 20 de Nadal .
viernes, 2 de diciembre de 2016
FESTIVAL DE CINE SUBMARINO
O certame proxectáse en sesión matinal para escolares.
O alumnado de 6º de primaria tivo a fortuna de poder asistir a un pase para ver dous curtometraxes. O choco na ensenada de S.Simón e Espello líquido.
Pasamolo Xenial...!!!!
viernes, 18 de noviembre de 2016
MAGOSTO 2016
A FESTA DO MAGOSTO
resultou animada e superlúdica.
Durante
a semana comezaron os preparativos elaborando as nosas creativas
caixas de aula, cestiños e cucuruchos para as castañas. Aprendemos un RAP para cantar neste día.
Este ano contamos cun xogos populares moi enxebres.
O pavillón do centro foi o campo de xogos onde o alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos, tod@s gozaron pasando polos catro postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que
nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.
FOTOS
Este ano contamos cun xogos populares moi enxebres.
O pavillón do centro foi o campo de xogos onde o alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos, tod@s gozaron pasando polos catro postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
FOTOS
VISITOUNOS NARANJO
E quen é " Naranjo" ?
Seguro que os afeccionados do Celta que acudiron ao Colexio, sabian quen foi ou xogador revelación da 2ª división a tempada pasada . Este ano fichou polo Celta e contamos que continue connosco varias tempadas.
O alumnado do centro acondicionou o ximnasio como se de unha roda de prensa tratáse, incluídos os xornalistas que lle fixeron algunhas preguntas.
Agasallamolo cuns debuxos, dos cales resultaron premiados catro, cunhas entradas para un partido do Celta en Balaídos.

martes, 15 de noviembre de 2016
PRIMEIROS AUXILIOS
O alumnado de 6º de primaria maña participará dun curso de reanimación
cardiopulmonar para nenos.
A actividade levaráse a cabo durante as dúas sesións de Educación Física e estará a cargo da Dra. Elisa M. Ausín, mamá dun alumno do noso centro, que se prestou amablemente a colaborar neste obradoiro de primeiros auxilios.

SALVEMOS VIDAS....!!!!!
martes, 8 de noviembre de 2016
Visita de Sabela
Hoxe, os nenos e nenas de 2º de primaria, tivemos a sorte de asistir a unha sesión de contacontos con Sabela Gago, actriz de Sarabela teatro,que entusiasmou ao público asistente coa historia das 3 galiñas que querían ser as máis fermosas do galiñeiro.
Todos participaron activamente e riron sen parar con Sabela que foi quen de facer voar a imaxinación dos cativos.
GRAZAS SABELA!!!
Todos participaron activamente e riron sen parar con Sabela que foi quen de facer voar a imaxinación dos cativos.
GRAZAS SABELA!!!
miércoles, 2 de noviembre de 2016
FESTA DO SAMAÍN 2016
Chegando
estes días de Samaín/Halloween, o alumando do Pombal baleiramos cabazas para facer unha exposición nas diferentes entradas. Decoramos con caveiras, morcegos, pantasmas.... E os maiores andivemos polas aulas cantando e recitando adiviñas...
lunes, 24 de octubre de 2016
OBRADOIRO: " AÍNDA NADA"
Hoxe, os rapaces e rapazas de 1º e 2º, tivemos no cole un obradoiro organizado polo CSIC. O tema eran os legumes, por ser o ano 2016 o Ano Internacional dos Legumes.
Aprendemos a través de xogos a recoñecer as diferentes variedades de lentellas , fabas, garavanzos...Algunhas non as coñecíamos!
Tamén nos contaron un conto "Aínda nada?" que nos explicaba o proceso de xerminación dunha planta. Quedounos claro que na vida hai que ter moita paciencia para todo.

E por último deixáronnos sementes para plantar nas clases.
.
lunes, 12 de septiembre de 2016
BENVIDOS
Hoxe comezamos un novo curso!! O alumnado do Ceip O Pombal estamos dispostos a compartir xogos, alegrías, inquedanzas, ilusións e moitas aprendizaxes.
O equipo de mestres e mestras do centro desexámovos un agradable e satisfactorio curso e poñémonos á vosa disposición para que así sexa.
Aínda
que de momento estamos adaptándonos e organizándonos, pregamos ás
familias que os alumnos/as vaian traendo o material aos poucos nun breve
prazo de tempo para poder comezar as clases con normalidade, así como
que estean atentas ás circulares que iremos enviando con información.
Ánimo a todos e a aprender moito!
O CLAUSTRO DO CEIP O POMBAL
jueves, 30 de junio de 2016
Thanks, Abby!
Thank you Abby for all your work, patience and smiles! It's been a pleasure working with you.
martes, 28 de junio de 2016
CELEBRACIÓN DÍA EUROPEO DA MÚSICA
Os días 20 e 21 de xuño celebramos o Día Europeo
da Música no noso colexio.
Os alumnos de 6º de Educación Primaria
interpretaron varias obras para os alumnos e profesores de Educación Infantil e
Primaria. Así, 6ºA interpretou coa voz un "POPURRI
MARIÑEIRO" e "A PITA PODEIRA" mentres que os de 6ºB
tocaron coa frauta doce: "O AMENCER" de Grieg, "ESPARABÁN DO INCIO" e "O ANDAR
MIUDIÑO".
Os alumnos de 3ºB motiváronse e interpretaron “DOUS PASOS DE VILACOVA”,
unha das cantigas que aprenderon coa súa titora este ano.
Para lembrar estas actuacións aquí un vídeo cantándolles aos compañeiros/as de Infantil e outro cos de Primaria. Grazas, alumnos/as de 6º e profe Tere!
martes, 14 de junio de 2016
INTERTEATRO
Neste tercer trimestre recibimos a visita do grupo teatral do CEIP Ría de Vigo de 3º de primaria, coa obra titulada "Chorando".
O alumnado de 3º,4º,5º e 6º do noso centro gozou moito coa súa interpretación.
Parabéns as mestras e mestres pola iniciativa e tamén a todo o alumnado que participa nesta actividade tan interesante.
miércoles, 25 de mayo de 2016
III QUEDADA LITERARIA
O luns 23 de maio foi o día elexido para celebrar a III Quedada Literaria no Parque de Castrelos. Este ano participaron 10 colexios e institutos: O Pombal, Frián-Teis, Eduardo Pondal, Doblada, Fleming, Chouzo, Carrasqueira, Ría de Vigo, Ribeira (Porriño) e o IES de República Oriental do Uruguai. No noso caso, fomos co alumnado de 4º de Primaria e cos de 5º de Infantil (4 anos).
A experiencia foi, como sempre, moi enriquecedora: lectura individual silenciosa,
lectura compartida con alumnado doutros colexios, intercambio de marcapáxinas, xogos e, para rematar, unha sesión de contacontos nos xardíns do Pazo de Castrelos.
Grazas a todos os que axudaron a que esta actividade fose posible: Normalización Lingüística do Concello de Vigo (e a Marta Souto, en especial), a Anxo Alberte, Director da Biblioteca Xosé Neira Vilas, e, por suposto, ao profesorado e alumnado participantes.
Foi un día precioso para combinar dúas experiencias: a lectura e o contacto coa natureza que fan delas una fórmula perfecta.
Para mostra, o vídeo do evento!
LETRAS GALEGAS 2016
Este curso dedicouse o día das Letras Galegas a Manuel María Fernández Teixeiro
que foi membro da Real Academia Galega Galega polo seu labor en prol da nosa
lingua e cultura.
Naceu o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Era fillo de Antonio e Pastora, dous labregos. O pai chegou a ser alcalde da súa localidade.
Estudou bacharelato en Lugo e nesta cidade empezou a súa carreira literaria. Comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago aínda que os abandonou ao pouco tempo.
O seu primeiro libro de poemas publicouno cando tiña 21 anos e levaba por título «Muiñeiro de brétemas». Traballou durante moitos anos na vila lucense de Monforte de Lemos como procurador ao tempo que daba clases nunha academia, escribía libros, colaboraba nunha emisora de radio, participaba en política e mantiña aberta, xunto coa súa muller Saleta, a libraría Xistral.
Manuel María foi un gran defensor da cultura galega é un dos autores que ten máis libros publicados no noso idioma.
Deixámosvos un pequeno video onde se recolle o traballo realizado ao longo destes días por todos os nenos e nenas do Pombal :

·
Na decoración
do colexio: mapa de Galicia, poemas, debuxos do seu retratos.
·
Cunha caixa de
cartón fixeron unha silueta para retratarse coa figura de Manuel María.
·
Arco da vella
co seu poema “ Arco da vella”.
·
Traballos nas
aulas entorno a súa vida e obras.
·
Festival das Letras Galegas coa actuación :
_Obra de teatro “XPS DERRADEIRA XERACIÓN”: Marta de 3º, Eric, Elisa, Lynette e Xhomara de 4º. Nuria e Montserrat, David , Naiara, Ana,Uxía e Inés
de 5º, Rosalía, Candela, María e Area de 6º.
_ Recital de poesías polo alumnado.
_ Actuación do grupo folclórico: cos mestres: Angélica,Teresa e Aitor e os alumnos Naiara, Xaime, Antón, Israel.
Neste vídeo podemos ver unha mostra de todo o traballo realizado.
jueves, 12 de mayo de 2016
Happy Birthday, Abby!
It's always a pleasure celebrating birthdays! It's even better doing it with a special person like Abby. We wanted to thank her all her efforts, work and energy helping the students and the teachers. It's been wonderful enjoying with her this school year, so she deserved this surprise.
HAPPY B-DAY, ABBY!!!
viernes, 6 de mayo de 2016
Abby pon a bailar aos de 6ª
Abby, a nosa auxiliar de conversa, conseguiu poñer a bailar aos alumnos/as de 6º. Que liberen enerxías!
Aquí os de 6ºA
E aquí os de 6ºB!
miércoles, 27 de abril de 2016
CEIP O POMBAL PADRIÑOS LECTORES
Como tódolos anos, o noso alumnado celebrou o día Internacional do Libro apadriñando a un compañeiro/a máis cativo.
Parafraseando a Pedro Feijoo:
Parafraseando a Pedro Feijoo:
PARA TODOS HAI UN LIBRO.OU DEZ.OU MIL. OUTRA COSA É QUE ESTEAMOS DISPOSTOS A ABRILOS.QUE ME DECIDES,VALENTES,ATREVÉDESVOS?
lunes, 25 de abril de 2016
CONCERTO DIDÁCTICO DA E-TRAD
CONCERTO
DIDÁCTICO COA E-TRAD
O alumnado de sexto asistiu ao
concerto "Tocar é sentir" a cargo da Escola Municipal de Música Folk
e Tradicional (E-TRAD) dentro do programa Música na Escola, co obxectivo de familiarizar ao alumnado coa música
tradicional e a súa instrumentación.
Desfrutamos moito!! No auditorio municipal, escoitamos a zanfona, o violín, a arpa celta,
a pandeireta e a gaita.
Saíron ao escenario algúns alumnos do noso centro e tamén
doutros colexios, e tocaron, coa axuda e asesoramento dos mestres da
ETRAD, instrumentos tradicionais
galegos.
Rematamos cantando A pita podeira. .
Desfrutamos moito. Parabéns a
ETRAD!!
viernes, 22 de abril de 2016
CONCERTO DIDÁCTICO NO CSM VIGO
CONCERTO DIDÁCTICO NO CSM VIGO
O 5 de abril os
alumnos de 6º de E.P. asistiron a un CONCERTO DIDÁCTICO , interpretado pola
Banda de Música Sinfónica do CSM Vigo (
Conservatorio Superior de Música de Vigo), no seu auditorio Martín Codax.
Neste
concerto explicaron a importancia da música
incidental, sobre todo nas películas e na publicidade. Vimos imaxes de
películas e videoxogos mentres escoitabamos a música en directo da Banda de
Música Sinfónica do CSM Vigo
Algúns
alumnos leron unha historia e a Banda ambientaba coa música.
Dende aquí a nosa felicitación ao CSM
Vigo
Da
Suite Peer Gynt interpretaron
diversas pezas, entre elas: O amencer e Na
gruta do rei da montaña, ...
Dentro
das actividades a realizar no centro, previo ao concerto didáctico, era a
creación por parte do alumnado dun cómic, baseado nun destes temas da Suite
Peer Gynt: O amencer, Na gruta do rei da montaña, O retorno de Peer Gynt.
As
alumnas Candela Estévez García e Malena Lorenzo Diz realizaron este
cómics que logo proxectaron no salón do auditorio, mentres escoitabamos a
música. Aquí podedes ver a boa calidade dos seus traballos.
A
alumna Esmeralda Campos Fernández, despois do concerto, fixo a súa versión do
comic de Peer Gynt.