O 30de marzo ANXO FARIÑA veu á biblioteca Castelao e falou sobre como se inspirara e como realizou o libro " A chave da Atlántida". Contou cousas sobre o seu interese polo robots e a súa viaxe ás Illas Cíes, alí foi onde comezou a historia deste libro.
Respondeu ás nosas preguntas e asinou libros. Deixou unha fermosa dedicatoria no libro dá biblioteca e agasallounos cuns debuxos seus. Aconsellounos como debuxar mellor,etc.
Acaba de publicar un libro,regalou marcapáxinas coa súa portada.
Foi un pracer compartir inquedanzas, cun escritor / ilustrador tan entretido.
Preme en FOTOS para ver todas as imaxes dese día.
Preme na portada do libro para realizar unha serie de actividades LIM
No hay comentarios:
Publicar un comentario