viernes, 29 de diciembre de 2017

Resumo do primeiro trimestre dos alumnos de 3 anos B

Rematado o primeiro trimestre déixovos un vídeo con algunhas das actividades que realizamos ao longo destes tres meses, desde os nosos primeiros días no cole, onde nos adicamos a poñer a clase ao noso gusto e a coñecer rutinas e normas, ata o noso festival de nadal, que espero que o gozásedes coa mesma ilusión coa que o preparamos. Neste tempo, os nosos pequenos terminaron de cumprir todos os tres anos, celebrando así os aniversarios de Sara Rodriguez (coñecida por todos os seus compañeiros por Sarita, pois sabedes que en clase somos unhas cantas Saras e temos que diferenciarnos), despois estiveron de aniversario Victoria e Sofía e o último cumpre que celebramos foi o de Santiago. Xa estamos impacientes por celebrar os aniversarios do ano que ven, nos cales nos converteremos en mozos de 4 anos e é que a aventura da vida pasa moi rápido. Neste primeiro trimestre aprendemos moitas cousas, as letras, sobre todo a dos nosos nomes e a dos compis e aos poucos aprenderemos a escribilas, realizamos o proxecto do outono e das cores e xa nolo sabemos case todos, traballamos as formas xeométricas, estamos a iniciarnos no conteo e todo iso a través de diferentes técnicas... picar, rasgar, uso de pinceis, manexo do lapis, uso de materiais da natureza... Ademais, este trimestre veu cargado de festas como o Magosto e o Samaín, fomos ao horto para plantar landras para na primavera poder repoboar os nosos bosques que tanto sufriron cos incendios deste outono. Noutra banda, aprendemos a usar a nosa biblioteca do cole e o máis importante, cada vez somos máis autónomos e independentes e entre todos axudámonos moito. Por todo isto, os peques de 3 anos B e a profe Sara deséxanvos FELIZ ANINOVO. Estamos listos para comezar a aventura que nos depararán estes 365 días do 2018 :)

Aproveito a ocasión para convidarvos a visitar o blog dos nenos de 3 anos B, que pouco a pouco vai tomando forma (grazas pola vosa paciencia)
http://omundodosmeninos.blogspot.com.es/2017/12/

1 comentario:

  1. Moitas grazas polo vídeo. Como nai encantoume ver as actividades dos nenos e o moito que aprenden na escola! Estou moi sorprendida co ben que usan os recursos da aula. Moitas Felicidades as profes pola súa entrega, agarimo e paciencia!

    ResponderEliminar