jueves, 22 de febrero de 2018




 
Neste 2º trimestre  presentóuselle ao alumnado o material có que poderán xogar nos patios de recreo. Esta é unha iniciativa  que xorde da necesidade de potenciar e impulsar diferentes xogos na hora de recreo.

         O obxectivo principal é considerar o patio coma un espazo máis de aprendizaxe,  deste xeito todo o alumnado ten a mesma oportunidade de gozar de todo o patio e de xogar a unha  gran variedade de xogos/actividades que sastifagan  á diversidade existente. 

Por outra banda intentase fomentar no centro educativo os valores, as actitudes e as prácticas que permitan avanzar no respecto á diversidade e a igualdade de oportunidades.

 Resulta necesario establecer actividades lúdicas có fin de contribuír á adquisición de habilidades e competencias sociais e persoais que fomenten o desenvolvemento equilibrado social e cívico e garantan a igualdade entre homes e mulleres.
           
        Dende o centro cremos que o  xogo debe ser libre para calquera neno/a, non imposto, aínda que apostamos por ofertar material e ensinarlles a xogar con xogos tradicionais como cancións de corda ou a mariola, ademais de estar preservando as tradicións tamén estaremos potenciando a actividade no noso alumnado, tanto dentro e fora do centro, xa que lles estaremos a dar ferramentas para que eles as apliquen no seu tempo de lecer. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario