jueves, 22 de marzo de 2018

VISÍTANOS JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O alumnado de 1º de primaria mañá espera a  visita de  JACOBO FERNÁNDEZ  SERRANO con moitísima ilusión. Estes son os dous murais que se prepararon para agasallar ao autor de MARCOPOLA .



Chegou a ansiado día no que íamos coñecer a Jacobo F.S. Xá na biblioteca do noso cole este escritor/ ilustrados nos recibe con ......

Foi unha xornada moi emocionante pois contounos todo sobre a creación de Marcopola. Respostou as nosas preguntas e por último firmou todos os nosos libros.
Rematamos a visita cunha fotografía de grupo.

https://photos.app.goo.gl/lvualQlTEcrdzrZ82
                                           ( Preme na imaxe para ver as FOTOS )

miércoles, 21 de marzo de 2018

Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com
Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com
Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com



O alumnado de 1º e 2º de primaria hoxe no cole para conmemorar o día da árbore, realizamos unha actividade conxunta, plantamos, nunha zona  da nosa escola, varias árbores que nós mesmos sementamos este curso.
Esta actividade está vinculada ao proxecto do horto que retomamos este curso con máis propostas e maior implicación por parte de todos.



Na imaxe podemos ver aos afortunados compañeiros e compañeira que lles tocou plantar un loureiro, dúas nespereiras e un acivro . Agora restanos poñerlles uns letreiros co seu nome , ademáis  de coidalas moito para que medren connosco.








Os nenos e nenas que veñen á clase de Relixión, fixeron uns pasos de Semana Santa. 
Así de ben lles quedaron.















Neste vídeo podedes ver o proceso:


domingo, 11 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


O día 8 de Marzo celebramos no CEIP O POMBAL o "DÍA DA MULLER TRABALLADORA" lembrando as mulleres que destacaron por algo nas súas vidas, así como a todas aquelas mulleres que sufriron ou están sufrindo violencia contra elas.















Ademais de traballar nas aulas rematamos esta xornada cun Flasmob pola violencia.

 

miércoles, 7 de marzo de 2018

TEATRO


O alumnado de 1º e 2º de educación primaria hoxe fomos ao teatro,  ver a obra titulada:
 " Garbancito en la barriga del buey".


Esta obra da compañía xerezana " La gotera de Lazotea", logrou o premio ao mellor espectáculo de monicreques na última edición de FETEN (2017), a Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas.

 https://photos.app.goo.gl/ChnTX6qDH4JgmCB63
  (Preme na imaxe para ver FOTOS )


Queremos compartir coas nosas familias unha pequena mostra desta obra que tanto nos agradou.  FOI  XENIAAAAAL!!!!




martes, 6 de marzo de 2018

Concerto didáctico sobre música galega



O martes 27 de febreiro de 2.018 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiron a un Concerto didáctico sobre a música galega e a súa evolución. Tivo lugar no auditorio Martín Codax e foi interpretado polo Grupo de Música Tradicional do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
O programa foi moi variado: xotas, muiñeiras, un alalá, un pasodobre. As súas interpretacións foron de gran calidade.
Ademais dos instrumentos tradicionais como : a zanfona, o tamboril, o pandeiro , o bombo e a gaita, tamén escoitamos clarinetes, saxofóns, a tuba e o acordeón.
O remate da súa actuación cantamos con eles o retrouso do Pasodobre de Imende.
Aquí vos deixamos unhas imaxes do evento. Onde o alumnado e o profesorado desfrutamos moito.
Parabéns ao Conservatorio Superior de Música de Vigo e ao Concello  por promocionar a cultura musical.


https://photos.app.goo.gl/KQirRmsLm72t7b1r1
                                   ( Preme na image para ver todas as FOTOS)