O martes 27 de febreiro de 2.018 o alumnado de 5º
e 6º de Educación Primaria asistiron a un Concerto didáctico sobre a música
galega e a súa evolución. Tivo lugar no auditorio Martín Codax e foi
interpretado polo Grupo de Música Tradicional do Conservatorio Superior de
Música de Vigo.
O programa foi moi variado: xotas, muiñeiras, un
alalá, un pasodobre. As súas interpretacións foron de gran calidade.
Ademais dos instrumentos tradicionais como : a
zanfona, o tamboril, o pandeiro , o bombo e a gaita, tamén escoitamos
clarinetes, saxofóns, a tuba e o acordeón.
O remate da súa actuación cantamos con eles o
retrouso do Pasodobre de Imende.
Aquí vos deixamos unhas imaxes do evento. Onde o
alumnado e o profesorado desfrutamos moito.
Parabéns ao Conservatorio Superior de Música de
Vigo e ao Concello por promocionar a
cultura musical.
( Preme na image para ver todas as
FOTOS)