lunes, 30 de abril de 2018
Flashmoob 4º de Primaria
O xoves 22 de marzo, os alumnos e as alumnas de 4º de Primaria fixeron un pequeno baile sorpresa no recreo, que prepararon na materia de Educación Física.
viernes, 27 de abril de 2018
Apadriñamento lector
O
día 24 de Abril, no cole, os libros e a lectura invadiron o patio de
recreo. A alegría e ilusión fan deste festa algo especial .... Como é
habitual, os padriños e madriñas durante os días anteriores organizaron
os
preparativos:
1ºContactar cos seus afillados nos recreos para averiguar as súas preferencias lectoras.
2º Escoller os contos na biblioteca, para preparar a lectura.
Neste día todos e todas estaban preparados para o goce das lecturas.
Os padriños e madriñas acudiron ás aulas dos máis pequenos a recoller aos seus afillados/as. Saíron ao patio en busca dun lugar axeitado, e mentres soaba a música, nenos e nenas compartían historias, risas.... e moita emoción.
Ao rematar a lectura os afillados/as agasallaron aos padriños/as cuns marcapáxinas.
De regreso ás aulas todos/as mostraban a emoción polo momento compartido.

martes, 24 de abril de 2018
As nenas e nenos de 5º B no horto.
Este curso a profe Encarna preparou moi ben o horto. Plantamos, regamos e aprendemos moitísimo.
martes, 17 de abril de 2018
As nenas e nenos de 5º foron a Vitrasa.
Fixemos unha saída a Vitrasa moi interesante. Montamos en diferentes autobuses, estivemos na sala de control, sorprendímonos coa electrónica...
¡¡¡Pasámolo moi ben!!!
miércoles, 11 de abril de 2018
martes, 3 de abril de 2018
VISITA A BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS
Iniciamos o terceiro trimestre festexando o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) na biblioteca Xosé Neira Vilas.
Toda a rapazada de 3ºA e 3º B realizaron obradoiros sobre os libros traballados de:
Fran Alonso : " O MEU GATO É UN POETA"
Pinto e Chinto: " NOVAS MINIMALADAS"
Foi un traballo en equipos e despois de organizarse e distribuir as tarefas, podemos dicir que quedou xenial!!!
Visitar a biblioteca e opinar. A que son uns futuros e futuras escritores/as !!
CANTIGAS - PERGAMEO VINDEL
O venres 23 de marzo, o
alumnado de 6º de Educación Primaria, asistiu a un concerto didáctico no
Auditorio do Concello de Vigo.
Os
mestres da ETRAD mostraron os instrumentos que imparten na escola neste concerto didáctico, organizado e promovido polo Servizo
de Educación do Concello de Vigo, coa idea de achegar aos estudantes as músicas
do Pergameo Vindel desde a visión propia dos mestres da ETRAD, que arranxaron
para a ocasión, as sete cantigas de Martín Códax.
Ao
longo do concerto ademáis de desfrutar
coa interpretación das Cantigas vimos
vídeos explicativos sobre o contexto histórico no que se crearon as mesmas e os
avatares do descobrimento e da investigación do pergameo por Francisco Vindel.
Foi
un pracer escoitar a arpa, a zanfona, a gaita, o chelo, o acordeón, o tamboril
…. e coñecemos un novo instrumento o udu, instrumento de percusión de Nixeria.
Noraboa pola calidade do concerto
e por promover a nosa cultura, aos Mestres da ETRAD de Vigo e ao Servizo de
Educación do Concello de Vigo.