O venres 23 de marzo, o
alumnado de 6º de Educación Primaria, asistiu a un concerto didáctico no
Auditorio do Concello de Vigo.
Os
mestres da ETRAD mostraron os instrumentos que imparten na escola neste concerto didáctico, organizado e promovido polo Servizo
de Educación do Concello de Vigo, coa idea de achegar aos estudantes as músicas
do Pergameo Vindel desde a visión propia dos mestres da ETRAD, que arranxaron
para a ocasión, as sete cantigas de Martín Códax.
Ao
longo do concerto ademáis de desfrutar
coa interpretación das Cantigas vimos
vídeos explicativos sobre o contexto histórico no que se crearon as mesmas e os
avatares do descobrimento e da investigación do pergameo por Francisco Vindel.
Foi
un pracer escoitar a arpa, a zanfona, a gaita, o chelo, o acordeón, o tamboril
…. e coñecemos un novo instrumento o udu, instrumento de percusión de Nixeria.
Noraboa pola calidade do concerto
e por promover a nosa cultura, aos Mestres da ETRAD de Vigo e ao Servizo de
Educación do Concello de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario