Para saborear o delicioso chocolate, cada un de nós trouxo da casa unha taza . Continuando así con o noso empeño de protexer e coidar o planeta.
Tres alumnos do centro , Xavier, Mateo e Nicolás interpretaron varias cancións de temática relacionada con este día . Foi un pracer contar coa súa colaboración e un luxo poder escoitar a estas futuras promesas.
Agradecemos a colaboración do ANPA do centro e a das familias destes fantásticos músicos. Asi como, tamén, damos as grazas á mestra Teresa por ensaiar e coordinar a actividade musical e non podemos esquecer dar as grazas ao profe de Mayeusis por asistir a este concerto.
O alumnado participou con entusiasmo desta celebación !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario