O día 9 de maio os nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil visitamos APÍPOLIS, un Centro para a Comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, demostrando así a importancia que teñen para nós e o medio que nos arrodea.
Primeiro tivemos unha charla - presentación onde nos introducimos na
apaixonante vida das abellas, na importancia que teñen para todos nós
polo seu papel no medio e na nosa alimentación, nos distintos produtos
que nos dan e se lles explica, tamén, en que consiste a exposición e
como hai que realizala para sacarlle o maior proveito posible.
Despois visitamos o apiario onde
o apicultor abriunos unha colmea e, sen risco ningún porque iamos protexidos cos traxes, explicounos, en vivo, como se desenvolve a vida da colmea.
Por último, fixemos unha degustación de distintos meles da zona, pole, galletas de mel, chocolate con mel, pan mariñeiro con requeixo e mel, caramelos...
Aquí vos deixamos un vídeo cos grandes momentos vividos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario