sábado, 8 de junio de 2013

SAÍDA A APÍPOLIS

O día 9 de maio os nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil visitamos APÍPOLIS, un Centro para a Comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, demostrando así a importancia que teñen para nós e o medio que nos arrodea.

Primeiro tivemos unha charla - presentación onde nos introducimos na apaixonante vida das abellas, na importancia que teñen para todos nós polo seu papel no medio e na nosa alimentación, nos distintos produtos que nos dan e se lles explica, tamén, en que consiste a exposición e como hai que realizala para sacarlle o maior proveito posible.

Despois visitamos o apiario onde o apicultor abriunos unha colmea e, sen risco ningún porque iamos protexidos cos traxes, explicounos, en vivo, como se desenvolve a vida da colmea.

Por último, fixemos unha degustación de distintos meles da zona, pole, galletas de mel, chocolate con mel, pan mariñeiro con requeixo e mel, caramelos...

Aquí vos deixamos un vídeo cos grandes momentos vividos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario