O día 23 de abril,aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare,festexamos este día dun xeito moi especial: O alumnado de 4º,5º,e,6º de primaria, le contos ao alumnado de infantil,1º,2º e 3º de Primaria.
Dez días antes faise unha xuntanza na biblioteca con toda esta rapazada para darlles o seu carnet de padriños lectores e o curso. Neste carnet aparece o nome do padriño/madriña e os seus afillados/as.
Nos recreos desas semanas adicáronse a coñecer mellor aos seus afillados e a preparar as lecturas elexidas para esa ocasión.
Os afillados/a prepararon marcapáxinas para agasallar aos seus padriños e madriñas nese día tan especial
O alumnado elexiu o lugar máis axeitado do patio para ler o seu conto elexido e durante 20 minutos,na Hora de Ler, creouse un clima de lectura moi especial.A música que acompañou durante esta sesión foi o concierto en Sol m para dous chelos de Vivaldi 2º movimento.