Este curso retomamos a nosa andaína na horta escolar .
Ao inicio de curso comezamos pintando a fachada, todo o alumnado que quixo poido facer un ou varios circulos de cores nas paredes exteriores da horta.
Así de chula... quedou a fachada da nosa horta e agora comenza a aventura ....
Hai moito que facer, limpar o terreo, parcelar as zonas de cultivo, distribuir os cultivos por cursos, establecer quendas de traballo.....
E chegou LOLETE , un espantallo moi especial , encargado da horta , sempre está pendente da nosa labor, e axúdanos a lembrar as normas ....
O alumnado de 2ºB xunto coa súa mestra Encarna son a cuadrilla encargada de facer que esta horta funcione.
Este equipo comezou a limpar e organizar a horta e o primeiro que se plantou foron as herbas aromáticas.
Estas son algunhas das herbas aromáticas que o equipo de 2ºB plantou este curso.
No mes de Outubro a nosa cidade, VIGO, sufriu a oleada de incendios que afectou a toda a comunidade educativa. Había que facer algo!!!! Fixémos un acto reivindicativo en contra da queima masiva do noso monte. Dende a escola decidimos sementar unhas landras para poder repoboar os nosos montes.
O alumnado de 2ºA este curso plantou na horta unha riquísimas leitugas que xa poideron degustar nas súas casas.
O equipo de 3ºA foron os primeiros en plantar unhas escarolas.
O equipo de 2º ao completo, encargáronse de sementar e recoller as fabas . Foi toda unha experiencia ver como cada día, cos seus coidados, crecían, florecían e daban o seu froito.
O alumnado de 5ºB realizou varias tarefas na horta
3ºB de primaria : No mes de outubro comezamos a coidar a nosa horta escolar.
Primeiro hai que sacar as pedras,quitar as malas herbas e recoller o plantado o curso pasado,como os tomates Cherry.
Por certo gustoulle a toda a rapazada!!!!!
Me encanta el trabajo de la huerta, es preciosa y la lechuga, bueniiiiisiiiiimaaaa
ResponderEliminar