ACTIVIDADES NA LIBRERÍA
LIBROS PARA SOÑAR
A HORA DOS CONTOS: Vero Rilo
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
Venres, 7 de xuño ás 18.00h
Para: público infantil dende 3 anos.
Aforo limitado
CANTACONTOS Pablo Díaz
PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓNPablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e algún dos seus temas máis populares. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entonar as melodías e retrousos.
Actividade realizada en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello e Vigo.
Mércores, 12 de xuño ás 18.00h
Para: público infantil ata 3 anos.
Aforo limitado
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS
PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓNUn venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Venres, 14 de xuño ás 18.00h
Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.
FESTA DE PIXAMAS DE PELUCHES
Convidamos ao público infantil a que deixen os seus peluches na biblioteca, para que estes celebren unha festa de pixamas durante a fin de semana. Os xoguetes gozarán da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar. O luns seguinte poderán vir a recollelo e descubrirán o ben que o pasaron.
Venres, 14 de xuño
Para: Público infantil.
PRENDE NO COLO: Luis Prego
PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓNO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas organiza este obradoiro, realizado por Luis Prego, onde se traballará coas cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos, de forma que despois as familias poidan cantar e xogar na casa.
Mércores, 19 de xuño ás 18.00h
Para: Público infantil ata 3 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario