viernes, 14 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

Celebramos o Magosto na escola,,,comemos castañas,,cantamos cancións , tisnamos as caras e divertímonos con xogos tradicionais.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

SAÍDA Á EXPOSICIÓN DO PINTOR ANTÓN PULIDO.

Os alumnos de Educación Infantil visitaron a exposición do pintor  Antón Pulido, no Centro Cultural 'A fundación'.Fixeron actividades relacionadas co pintor ourensán.

viernes, 7 de noviembre de 2014

EXPOSICIÓN SAMAÍN.

Celebramos o Samaín. Os nenos trouxeron cabazas terroríficas .

viernes, 17 de octubre de 2014

A PATRULLA VERDE

Os alumnos de 4º 5º e 6º curso participan novamente na PATRULLA VERDE

lunes, 23 de junio de 2014

Somos Artistas ( Tercer Ciclo )

Os nenos/as do  cole Pombal ( tercer ciclo ) creamos Arte coa participación dos mestres.

 No terceiro ciclo levou a coordinación de todos os nenos/as a Mestre Chelo en colaboración no diseño e na decoración con  Míriam ( licenciada en Belas Artes ).

Para o seguinte ano escolar levarase a cabo diferentes diseños cós demáis ciclos ( segundo, primeiro e infantil ) xa que somos artistas.

Grazas a todos/as pola vosa dedicación.


Bicos de cores .


sábado, 21 de junio de 2014

Festival fin de curso 2013-2014

Grazas de Corazón a todas as familias dos nenos/as pola vosa participación e ós neno/as que o  fixeron moi ben coas súas actuacións.

 Tivemos todos os estilos de música, entre outros, un Rap, baile moderno, baile medieval, baile vaquero,...Tamén cantaron os propios nenos/as.

Ademáis unha obra teatro : " O espantallo amigo ".

Todos os profes do cole Pombal e a dirección os desexan un feliz verán. 

Bicos de solecito.


miércoles, 18 de junio de 2014

sábado, 14 de junio de 2014

SAÍDA A SALVATERRA ( parque da Canuda ).

Os nenos/as de tres,catro e cinco anos foron acompañadas das profes de infantil e unha profe de primaria o parque da Canuda en Salvaterra de Miño con un día maravilloso de calor. Montaron en todos os columpios, foron a ver animais diversos: paxaros, pavos reais,... Ademáis viron o río Miño, que é impresionante. 

Os nenos/as de infantil disfrutaron moitísimo xogando, correndo, merendando,....

Cando viñamos de volta no autobús a maioría dos nenos/as viñan durmidos polo cansancio.

As súas cariñas reflexaban o ben que o pasaron no parque da Canuda.