jueves, 13 de junio de 2013

LINDA Á ESPREITA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a sorte de disfrutar do contacontos "Linda á espreita" con Iago López.

Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda estaba nerviosa e impaciente de cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gusta máis que nada no mundo. O seu maior pracer consistía en metelo un susto ao carteiro e botalo da granxa. Cada día, Linda escóndese e un sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba alporizado e incapaz de seguir co seu traballo. Non obstante, encontrará alguén preto que o axudará.

Algúns dos grandes momentos compartidos na sesión:



No hay comentarios:

Publicar un comentario