lunes, 13 de marzo de 2017

Concerto didáctico “MIGRASóNS”

O alumnado de 6º de primaria disfrutou dun concerto no auditorio do concello de Vigo interpretado polo profesorado da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional,  co obxectivo de sensibilizar ao alumnado ante o proceso de mestizaxe musical, valorar a riqueza das diferenzas culturais, recoñecer as similitudes entre a nosa música e as músicas migradas e adquirir un coñecemento básico sobre cada un dos instrumentos que se poden estudar na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional  (ETRAD).
            Desfrutamos e participamos cantando: A saia de Carolina,  A Rianxeira, A Pita Podeira
Escoitamos en directo e recoñecemos moitos dos instrumentos tradicionais: zanfona, arpa celta, violín, acordeón, bouzoqui, contrabaixo, tamboril,..

No hay comentarios:

Publicar un comentario