lunes, 28 de enero de 2019

CROSS - 4º de Primaria



O xoves 17 de xaneiro,todo o alumnado de 4º de primaria, participou nunha carreira de Cross Escolar  organizada polo Servio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia na categoría de Alevin masculino e feminino.

O circuito estába localizado no campo de fútbol de Zamáns ( alto de San Cosme).


Aínda que o día amaneceu frío, todos e todas tiñan espíritu de atleta, e así enfundados nos seus chándales e zapatillas deportivas, iniciaron a súa andaina no mundo do deporte.


 Aquí podedes ver un video que grabaron as familias de Rodrigo e Irene. Grazas por compartir connosco estes momentos. 

Mirade que ben o fixeron!!






Toda a rapazada conseguiu chegar a meta, e ademáis algúns dos rapaces quedaron entre os primeiros e tivemos unha gañadora!!!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario