Ao evento está invitada a comunidade educativa, así como tamén diversas autoridades ( Alcalde, Xefe Territorial de Educación, Inspección Educativa....) , antigos alumnos/as e mestres/as xubilados.
Haberá diversos actos pola mañan cos nenos/as e as familias, amenizados polos Gaiteiros de Pardavila, Barafunda Animación e outras sorpresas.
Pola tarde será o acto de carácter mais institucional coa presenza das autoridades : discurso de benvida, charla sobre a arquitectura do colexio, vivenzas e lembranzas dos ex-alumnos/as , exposición fotográfica e de obxectos antigos nos corredores do centro... ademais da actuación do Grupo de Música Tradicional O Fiadeiro.
A destacar a visita nesa data festiva de tres persoeiros da cultura galega : o poeta Antonio García Teijeiro, a escritora Ledicia Costas e o pintor Raúl Velloso, que apadriñarán tres aulas do noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario