lunes, 13 de marzo de 2017

Seguridad Vidal

O alumnado de 6º de primaria  participou dun obradoiro sobre seguridade vial , resultou  do seu agrado pola proposta innovadora de desprazarse en bicicleta para evitar o cambio climático.
Tras unha chuvia de ideas sobre os pros e contras de ir en bici, o alumando chegou á conclusión que debemos facer algo para protexer o noso planeta.


Obradoiro de Igualdade de xénero

"CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE” é un proxecto que se enmarca no IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes .
Este  programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, vai dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero. 



https://photos.google.com/album/AF1QipPqv_lFOOxvsq5J61HmwCBgzz66X6BW6bJa0-LY

Concerto didáctico “MIGRASóNS”

O alumnado de 6º de primaria disfrutou dun concerto no auditorio do concello de Vigo interpretado polo profesorado da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional,  co obxectivo de sensibilizar ao alumnado ante o proceso de mestizaxe musical, valorar a riqueza das diferenzas culturais, recoñecer as similitudes entre a nosa música e as músicas migradas e adquirir un coñecemento básico sobre cada un dos instrumentos que se poden estudar na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional  (ETRAD).
            Desfrutamos e participamos cantando: A saia de Carolina,  A Rianxeira, A Pita Podeira
Escoitamos en directo e recoñecemos moitos dos instrumentos tradicionais: zanfona, arpa celta, violín, acordeón, bouzoqui, contrabaixo, tamboril,..

martes, 7 de marzo de 2017

8 de Marzo día da muller traballadora



Que vos parece este cartel tan orixinal!!!

A mín  encantoume e por iso o quero compartir con  vos.

Atopei unha páxina en Pinterest moi interesante sobre a coeducación e gustaríame compartila con todo o alumnado  e as súas familias.

Se premas enriba teredes información sobre contos non sexistas,videos  e actividades link
               Animádevos a investigar!


martes, 21 de febrero de 2017

INFORMACIÓN SOBRE O ENTROIDO


Xa estamos no entroido ,e coma sempre, temos unha semana dedicada a búsqueda de información: tradicións, comida típica,lugares onde se celebra,....


 Prema enriba da foto para saber máis sobre o tema

lunes, 20 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz e non violencia escolar.
O alumnado, nas aulas ,realizou varias actividades relacionadas coa  Paz, tamén foi o día das apertas ;colocaron as pancartas co lema da paz polas ventás do colexio e para rematar cantaron todos xuntos a canción de Bob Dylan " The answer is blowing in the wind".
 Para ver máis fotos preme AQUÍ

martes, 14 de febrero de 2017

NOVAS MATRÍCULAS 2016-2017

 

ESTADES BUSCANDO ESCOLA

VIDE A COÑECER O NOSO COLEXIO



lunes, 30 de enero de 2017

ACCÉSIT PARA O ALUMNADO DE 4º


O alumnado de 4º de primaria participou no  2º CERTAME ESCOLAR DE CARTEIS DA RECONQUISTA INFANTIL ,organizado pola Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo.
De acordo coas bases da convocatoria o xurado, a vista da calidade das obras presentadas,decidiu  conceder a maiores do 1º premio un accésit para  o cartel presentado polo alumnado do noso centro

Estamos moi contentos porque todos os carteis presentados foron finalistas !!


                                

Tamén agasallaron cun lote de libros para a biblioteca escolar do colexio polo recoñecemento do seu esforzo e traballo.
Moitos parabéns a todos os grupos participantes.

CARTEL GAÑADOR DO ACCÉSIT
e