O
día 24 de Abril, no cole, os libros e a lectura invadiron o patio de
recreo. A alegría e ilusión fan deste festa algo especial .... Como é
habitual, os padriños e madriñas durante os días anteriores organizaron
os
preparativos:
1ºContactar cos seus afillados nos recreos para averiguar as súas preferencias lectoras.
2º Escoller os contos
na biblioteca, para preparar a lectura.
Neste día todos e todas estaban preparados para o goce das lecturas.
Os
padriños e madriñas acudiron ás aulas dos máis pequenos a recoller aos
seus afillados/as. Saíron ao patio en busca dun lugar axeitado, e
mentres soaba a música, nenos e nenas compartían historias, risas.... e
moita emoción.
Ao rematar a lectura os afillados/as agasallaron aos padriños/as cuns marcapáxinas.
De regreso ás aulas todos/as mostraban a emoción polo momento compartido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario