martes, 3 de abril de 2018

CANTIGAS - PERGAMEO VINDEL


O venres 23 de marzo, o alumnado de 6º de Educación Primaria, asistiu a un concerto didáctico no Auditorio do Concello de Vigo.
            Os mestres da ETRAD mostraron os instrumentos que imparten na escola neste concerto didáctico, organizado e promovido polo Servizo de Educación do Concello de Vigo, coa idea de achegar aos estudantes as músicas do Pergameo Vindel desde a visión propia dos mestres da ETRAD, que arranxaron para a ocasión, as sete cantigas de Martín Códax.
Ao longo  do concerto ademáis de desfrutar coa interpretación das Cantigas  vimos vídeos explicativos sobre o contexto histórico no que se crearon as mesmas e os avatares do descobrimento e da investigación do pergameo por Francisco Vindel.
Foi un pracer escoitar a arpa, a zanfona, a gaita, o chelo, o acordeón, o tamboril …. e coñecemos un novo instrumento o udu, instrumento de percusión de Nixeria.

Noraboa pola calidade do concerto e por promover a nosa cultura, aos Mestres da ETRAD de Vigo e ao Servizo de Educación do Concello de Vigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario