Os nenos e nenas de primeiro estivemos a estudar os alimentos: a súa procedencia (vexetal ou animal), se os comemos elaborados ou naturais e o máis importante levar a cabo una alimentación saudable. Para iso, estudamos a pirámide observando cales eran os alimentos dos que menos podemos abusar e os que nunca deben faltar na nosa alimentación.
Quixemos facer unha pirámide xigante e colgala no cole para non olvidar o aprendido e compartilo co resto do colexio.
Aquí vos deixamos un vídeo do traballo. Esperamos que vos guste!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario