O 26 de novembro do 2.012 os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria tivemos
a sorte de ter un OBRADOIRO DE REGUEIFAS, impartido por D. Luís O Caruncho e D. Pinto D´ Herbón.
Esta
actividade foi ofertada pola Concellería de NL a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo.
A
través deste obradoiro o alumnado aprendeu a orixe da regueifa, a importancia da
improvisación oral para a súa creación,
do ritmo, da rima , dos xogos de palabras,…
O
alumnado escoitou aos regueifeiros con asombro. Qué capacidade para a
improvisación!!!
Logo
das explicacións e de elaborar unhas regueifas entre todos, algúns alumnos/as
conseguiron crear as súas propias regueifas.
Aquí tendes unhas imaxes e vídeos do que aconteceu
ao longo do obradoiro.
PRESENTACIÓN EXPLICACIÓN
REGUEIFAS POLO MUNDO REGUEIFAS DO ALUMNADO
No hay comentarios:
Publicar un comentario