Os nenos e nenas de primeiro acabamos este trimestre dun modo moi doce, facendo uns ricos e pequenos biscoitos no colexio.
Primeiro puxemos o mandil e cos ingredientes preto comezamos a seguir os pasos que a profe Merce nos ía indicando. Unha vez feita a mestura, botámola nunha taza, cuberta con papel para postres, e metémo-la no microondas durante dous minutos. Como crecía!!!
Por certo non só teñen moi boa pinta, senón que están moi ricos. Animámosvos a facelo cos vosos pais.
Aquí vos deixamos un vídeo cos pasos da receita e co resultado!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario