viernes, 30 de noviembre de 2012

RECEITA PARA O SAMAÍN

Os nenos e nenas de 5 anos fixeron para o Samaín a receita de "Cabazas de tortiñas de millo" . Aqui vos deixamos a recita por se queredes repetir a experiencia na casa e un pequeno vídeo do ben e ricas que nos sairon:

CABAZAS DE TORTIÑAS DE MILLO
INGREDIENTES:                                                     UTENSILIOS:

- Tortiñas de millo ou de arroz.  - Un biberón de cociña ou unha manga
- Chocolate branco.                                   pastelera.
- Chocolate negro.                                - Microondas
- Un pouco de leite.                                - Culler ou espátula
- Colorante alimentario de cor laranxa.

PREPARACIÓN:

Fundimos no microondas o chocolate branco e o negro, por separado, con un pouco de leite para que quede máis manexable. Mesturamos ben o chocolate branco co colorante para que quede de cor laranxa. Extendemos o chocolate branco (agora laranxa) sobre un lado das tortas. Metemos o chocolate negro na manga pastelera e debuxamos os ollos, a boca e o naris da cabaza. 
Deixamos enfriar o chocolate para que se poña duro.

MONSTROS

Os nenos e nenas de 5 anos non teñen medo aos monstros, nin as bruxas nin ás pantasmas.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

CAMIÑANDO POLA IGUALDADE

Dúas rapazas da Concellería de Igualdade viñeron á escola para facer co alumnado de cinco anos unha actividade na que falamos sobre a importancia de que todos traballemos xuntos na casa e cooperemos nas tarefas cotiás.
Aprendimos a cambiarlle o cueiro aos bebés, a collelos no colo.... querédelo ver?


A PATRULLA VERDE DO POMBAL

Comeza un novo curso e con el a Patrulla Verde do Pombal volve a vixiar que o noso patio quede limpo e que os nenos e nenas aprendan a separar os residuos.


Facemos un recordatorio dos nosos compañeiros e compañeiras que fixeron unha gran labor durante o curso pasado. Algúns aínda están no cole e outros xa marcharon para o instituto.

   MOITAS GRAZAS AMIGO/AS!!!!


Este curso comezamos a patrullar o día 15 de outubro. Aquí vos deixamos as fotos:




lunes, 26 de noviembre de 2012

AITOR PONCETE: LA MEMORIA

Hoxe volveu Aitor Poncete para ver se temos memoria de elefante. O luns pasado fora un desastre, non estudiaramos o poema, pero nesta ocasión saiu todo xenial!!!!! Quedou máis que demostrado que cumprimos os requisitos para ser uns bos detectives: oído, vista e memoria.  Pero que vai ocorrer a partir de agora??? Aitor Poncete marchará??? Teremos máis casos que resolver????

Queredes ver o que ocorreu???? Dádelle o play.


 

Visita da escritora Violeta Monreal

Os nenos e nenas de 5º de primaria recibiron na biblioteca unha visita moi especial. Nada máis e nada menos que a escritora Violeta Monreal!

viernes, 23 de noviembre de 2012

Visita ao Mercado do Berbés

Os días 15 e 22 de Novembro os nenos/as de 4º de primaria fixemos unha visita ao Mercado do Berbés.
Ata alí fomos camiñando, polo que aproveitamos para ver moitas cousas interesantes da nosa cidade: o Monumento ao Traballo (Redeiras); a Farola de Urzáiz; o Museo Marco; a Praza da Constitución co vello edificio do Concello...
Xa no mercado visitamos distintos postos de venta de peixes e mariscos, onde poidemos coñecer as diversas especies que ofertan. Chamounos moito a atención o grandes que poden chegar a ser as centolas!
Logo fixemos un pequeno obradoiro sobre todo aquilo que vimos anteriormente e que resultou moi interesante.
Antes de voltar regaláronnos unhas bolsas que contiñan unhas camisetas. A verdade é que foron moi atentos e moi amables con todos nós.
Para regresar ao colexio collemos o bus na rúa Policarpo Sanz; algúns pagamos coa tarxeta de Vitrasa e outros con diñeiro.
A verdade é que resultou unha saída moi interesante, divertida e útil para desenvolvernos na vida diaria. 
Se non nos credes, mirade o seguinte vídeo:

martes, 20 de noviembre de 2012

TITIRICIRCUS

Os nenos e nenas do primeiro ciclo fomos ver a representación da compañía de Títeres Tanxarina que ten por título "TITIRICIRCUS".

É a historia de dous vellos traballadores dun circo (actores) que nos contan, mediante marionetas de fíos, os números máis importantes de aquel antigo circo xa desaparecido.

Vimos ao home máis forte da Península Ibérica, ao malabarista máis divertido do mundo, a un faquir encantador de serpes e un habilidoso monociclista.

Deixámosvos este vídeo cos mellores momentos da representación.

jueves, 8 de noviembre de 2012

PREPARÁMONOS PARA A CHEGADA DO MAGOSTO

Nesta semana viñeron visitarnos dúas castañas moi simpáticas, Casilda e Hermenegilda, que estiveron acompañándonos durante os preparativos para a celebración do Magosto. 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o traballo. Esperamos que vos guste.

 

miércoles, 7 de noviembre de 2012

APRENDEMOS AO TEMPO QUE XOGAMOS

Os nenos e nenas de primeiro B estivemos reforzando o noso razonamento lóxico, espazo - temporal, numérico a través de xogos. Queredes ver o ben que o pasamos? Fixádevos: