viernes, 29 de diciembre de 2017

Resumo do primeiro trimestre dos alumnos de 3 anos B

Rematado o primeiro trimestre déixovos un vídeo con algunhas das actividades que realizamos ao longo destes tres meses, desde os nosos primeiros días no cole, onde nos adicamos a poñer a clase ao noso gusto e a coñecer rutinas e normas, ata o noso festival de nadal, que espero que o gozásedes coa mesma ilusión coa que o preparamos. Neste tempo, os nosos pequenos terminaron de cumprir todos os tres anos, celebrando así os aniversarios de Sara Rodriguez (coñecida por todos os seus compañeiros por Sarita, pois sabedes que en clase somos unhas cantas Saras e temos que diferenciarnos), despois estiveron de aniversario Victoria e Sofía e o último cumpre que celebramos foi o de Santiago. Xa estamos impacientes por celebrar os aniversarios do ano que ven, nos cales nos converteremos en mozos de 4 anos e é que a aventura da vida pasa moi rápido. Neste primeiro trimestre aprendemos moitas cousas, as letras, sobre todo a dos nosos nomes e a dos compis e aos poucos aprenderemos a escribilas, realizamos o proxecto do outono e das cores e xa nolo sabemos case todos, traballamos as formas xeométricas, estamos a iniciarnos no conteo e todo iso a través de diferentes técnicas... picar, rasgar, uso de pinceis, manexo do lapis, uso de materiais da natureza... Ademais, este trimestre veu cargado de festas como o Magosto e o Samaín, fomos ao horto para plantar landras para na primavera poder repoboar os nosos bosques que tanto sufriron cos incendios deste outono. Noutra banda, aprendemos a usar a nosa biblioteca do cole e o máis importante, cada vez somos máis autónomos e independentes e entre todos axudámonos moito. Por todo isto, os peques de 3 anos B e a profe Sara deséxanvos FELIZ ANINOVO. Estamos listos para comezar a aventura que nos depararán estes 365 días do 2018 :)

Aproveito a ocasión para convidarvos a visitar o blog dos nenos de 3 anos B, que pouco a pouco vai tomando forma (grazas pola vosa paciencia)
http://omundodosmeninos.blogspot.com.es/2017/12/

viernes, 22 de diciembre de 2017

FESTA DE FIN DE ANO NO POMBAL


 

Como xa ven sendo tradicional, o último día de cole , o alumnado e profesorado de primaria celebran fin de ano. Cada ano é unha festa máis sorprendente , coas badaladas en directo, música disco, fotógrafos profesionais..... e moita ilusión e alegría. Por cada badalada un lacasito ou gusanito.... Que  ricoooo!!!! 
Este ano un toque especial .....  
Ollade o aspecto que tiña o noso patio ás 18,30h da tarde, calquera diría que caeu unha nevada. 

Premede na imaxe  e vos sorprenderedes do que realmente pasou. TATATACHANNNN!!!

https://photos.app.goo.gl/iUtqf0WDMpEZ85cp1




miércoles, 20 de diciembre de 2017

FESTIVAL DAS LUCES

Hoxe o alumando de 1º e 2º de primaria celebraron unha festa típica da Indía, o  DIWALI, a festa dás luces . Que se celebra entre outubro/novembro pero que se semella a noso Nadal polas luces e polos agasallos.
O noso compañeiro ANKUR que é Hindú  explicounos algunhas curiosidades sobre esta festa.
É un festival que dura cinco dias, todas as casa se iluminan con lampadas ou velas. Hai costume de facer agasallos de todo tipo dende doces ata electrodomésticos. Adoitan facer envoltorios moi coloridos.

Durante este festival tamén se reza para a prosperidade no futuro, polo cal os fieis reverencian a Lakshmi, a deusa da fortuna, e a Ganesha, a deidade con cabeza de elefante, que é considerada portadora da sorte. 
ANKUR contounos esta lenda.



jueves, 14 de diciembre de 2017

XORNADAS DE XOGOS POPULARES

O alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria durante esta quincena de Nadal nas clases de Educación Física participan dás xornadas de xogos populares.
Experimentan cos xogos tradicionais galegos, e gozan  cos  xogos que realizaban seus pais e avós.

https://photos.app.goo.gl/BDJ7hRfVPiaNjIo73
                                              (Preme na imaxe para ver  FOTOS )
Agradecemento a Cándido Mascato e á asociación de xogos populares do Grove por compartir connosco este material didáctico.

CHEGOU O NADAL

Xa estamos nas portas do Nadal e no colexio empezamos coa decoración navideña.

Mirade que bonita está a árbore que entre toda a rapazada montamos na entrada do colexio!


                     Podedes  visitala   !!!



https://photos.app.goo.gl/ZhB67PkkbFUSYvjj2
                              Preme na imaxe para ver  FOTOS

miércoles, 13 de diciembre de 2017

CONCERTO NO AUDITORIO MAR DE VIGO



O xoves vinte tres de novembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP O Pombal asistiron a un concerto no Auditorio Mar de Vigo.  Actuaron os gañadores do V Concurso de violín, viola e violonchelo “Cidade de Vigo”, As solistas eran rapazas  con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos procedentes de distintos lugares de Galicia, España e Portugal, foron acompañadas pola Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Impresionante o nivel dos músicos. Aquí vos deixamos unhas fotos.


https://photos.app.goo.gl/9HuiGKwEFRZt4SNE2


                                          ( Preme na imaxe para ver todas as FOTOS)








martes, 12 de diciembre de 2017

Sistema Solar 5ºB

Selene e Marta de 5º B fixeron un traballo estupendo do "SISTEMA SOLAR".





sábado, 25 de noviembre de 2017

O POMBAL CELEBRA O DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS


Este luns tivemos no colexio un acto no de concienciación dos dereitos que todos os nenos e nenas teñen.
Asistiron  á lectura dun manifiesto e unha manifestación como colofón ao programa de actividades desenvolvido baixo o lema :

" Imaxinas tódolos dereitos cumplidos?

Asistiron a concelleira de educación do Concello de Vigo,A directora Xeral de Familia e Infancia o Xefe territorial de educación e as  asociacións Arela e as fundacións Meniños e Juan Soñador

Aqui podedes ver unha mostra do vivido




martes, 21 de noviembre de 2017

Célula

O  alumnado de 5º de primaria elaboraron CÉLULAS vexetais e animais na clase de plástica. Con diferentes materiais representaron os compoñentes básicos e súas funcións.
Gústounos moito!!!!
https://photos.app.goo.gl/yox1nexNNhFQnOZL2

                                                    ( Preme na imaxe para ver FOTOS)

viernes, 17 de noviembre de 2017

DECLARACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA


20 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS
O  20 de Novembro de 1959 a Asamblea Xeral da ONU estabeceu os seguntes dereitos:


A rapazada tamén teñen uns deberes como: facer as tarefas que lles mandan , estudar, obedecer aos adultos, respetar as opinións dos outros, .....

A comunidade educativa do CEIP O POMBAL, quere colaborar coa iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades sociais: Meniños,Juan Soñador e Arela .

IMAXINAS?
TODOS OS DEREITOS CUMPRIDOS!!
https://photos.app.goo.gl/kEEtxFANMYJQ9gWP2
                                                   ( Preme na imaxe para ver FOTOS)





Durante estes días o alumnado do colexio recibiron información e realizaron obradoiros de concienciación entorno aos dereitos e deberes que todos e todas deben ter, deste xeito pretendemos que  valoren o que teñen e  a situación doutros que moitos nenos e nenas do mundo que están en desigualdade; e sofren a causa da pobreza,malos tratos,falta de fogar,…







O día 20 de novembro o alumnado e profesorado do CEIP O Pombal  imos  facer un exercicio de imaxinación,… queremos imaxinar un mundo mellor onde se cumpran  todos os dereitos dos nenos e nenas. Para elo levaremos a cabo un acto conmemorativo do Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas.
Neste acto contamos coa participación e organización da Asociación ARELA, Fundación MENIÑOS, Fundación JUAN SOÑADOR  e a Xunta de Galicia.

O noso maior desexo é lograr un mundo mellor e mais xusto cos mais vulnerables…os nosos pequenos!!! 




lunes, 13 de noviembre de 2017

OBRA DE TEATRO

o alumnado de 3º e 4º de primaria gozaron da obra de teatro: "Rubicundo" ,actividade organizada polo Concello de Vigo.
Sinopsis
 Rubicundo  cóntanos  unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade  de perseguir os nosos sonos.

Compañía: GHAZAFELHOS.
Autoría: María Canosa.
Dirección e adaptación: Pepablo Patiño.
Escenografía, vestiario e música: Ghazafelhos.
Deseño de son e de iluminación: Jorge Casas.
Elenco artístico: Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas.


domingo, 12 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

O martes 14 de Novembro no POMBAL celebraremos esta tradicional festa galega. Haberá xogos, comeremos castañas asadas....

.....  e cantaremos esta canción.


Este ano antes do comer as castañas, teremos un acto de concienciación contra os incendios forestais:

  • Lectura do manifesto en defensa das árbores e coidado do medioambiente.
  • Plantación de árbores polo alumnado do centro.

Antes cada curso verá un pequeno video que trata sobre esta situación.
1º e 2º de primaria

3º e 4º de primaria




5º e 6º de primaria

Podemos ver  FOTOS da festa do magosto premendo na imaxe.

https://photos.app.goo.gl/jZkwtVaR11SvwWhZ2
 

lunes, 6 de noviembre de 2017

SAMAÍN


Nenos de 5º fixeron cabazas para a festa do Samaín!!




INSECTOS PALO

Anxo trouxo á clase uns insectos palo para que todos os viran crecer, comer,... Encántanos telos en clase para coidalos. ¡Grazas Anxo!


jueves, 2 de noviembre de 2017

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA



O día 25 de outubrocoincidindo coa semana da inauguración da biblioteca, o CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), veu ao noso centro a representar a obra de Teatro: “¡Qué trabajo tan curioso!” onde os rapaces e rapazas poideron comprobar no seu  corpo, a importancia de ter un estilo de vida saudable.

Esta obra ,está dentro do proxecto “Ciencias humanas: Moito máis que letras”.
O CSIC para levar a cabo esta actividade, contou co apoio da Misión Biolóxica de Galicia e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía(Ministerio de Economía, Industria e Competitividade).

Queremos agradecer a Luisa Martínez,científica do CSIC a súa implicación neste proxecto e a os actores; Sonsoles Cordón e Carlos Godoy por esta obra tan divertida


lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017

O alumnado do Pombal participou dunha charla sobre a festa do samáin e despois puxéronse mans a obra para preparar as súas cabazas para celebrar o Samaín. Coa chegada do mes de santos celebramos esta anterga festa, é unha antiga festividade céltica .Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el do ano novo.
As creacións deste pequenos/as artístas poidemolas ver nunha exposición  na peatonal do Calvario.
Menudo serán/festa  se organizou onte pola tarde con xogos, concursos e chocolatada.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d148698184k1301120o1l1/saman-2017


lunes, 23 de octubre de 2017

CHARLA - O mel de Galicia

O alumnado de 1º e 2º de primaria no día 19 de Outubro, asistiu a unha charla sobre apicultura.
Puideron observar unha colmea por dentro, os paneis e os útiles que se empregan para extraer o mel.
Houbo  ocasión de ver un traxe de apicultor/a  e tamén algún afortunado tivo ocasión de probar o traxe.
Como remate final desta charla Beatriz , así se chamaba a monitora, agasallounos cun bote de mel  Galega e un globo.
Foi unha experiencia moi interesante. Pasámolo Xenial!!

miércoles, 4 de octubre de 2017

Concerto Didáctico da EMMBA (Escola de Música Moderna e Belas Artes)




O día 27 de setembro os  mestres da EMMBA deron un concerto ao alumnado de 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria.

Explicaron que esta nova escola que abre as súas portas en outubro está especializada en música moderna e novas tendencias (blues, rock, funk, jazz) con recoñecemento oficial dentro do marco europeo EOF e cualificacións MECU (Marco Español de Cualificacións)
Escoitamos en directo:  a batería. a guitarra eléctrica, o saxofón o teclado, a voz. Interpretaron diversos estilos: baladas, jazz, rock.

Os músicos explicaron algunhas particularidades dos seus instrumentos e interpretaron máis obras musicais.
Logo algúns alumnos subiron ao escenario e tocaron os instrumentos.

 Pasámolo moi ben!!! 

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d142759177k6090533o1l1/concerto-emmba
                                         (Preme na imaxe para ver  FOTOS/VIDEOS)

domingo, 10 de septiembre de 2017

BENVIDOS E BENVIDAS

Hoxe comezamos un novo curso!! O alumnado do Ceip O Pombal estamos dispostos a compartir xogos, alegrías, inquedanzas, ilusións e moitas aprendizaxes.




 O equipo de mestres e mestras do centro desexámovos un agradable e satisfactorio curso e poñémonos á vosa disposición para que así sexa.

Aínda que de momento estamos adaptándonos e organizándonos, pregamos ás familias que os alumnos/as vaian traendo o material aos poucos nun breve prazo de tempo para poder comezar as clases con normalidade, así como que estean atentas ás circulares que iremos enviando con información.
Ánimo a todos e a aprender moito!
O CLAUSTRO DO CEIP O POMBAL

domingo, 2 de julio de 2017

EXCURSIÓN - MUSEOS CORUÑA

Como ven sendo tradicional o alumnado de 6º de primaria, acompañado das súas titoras e de mestras especialistas, realiza unha visita guiada aos museos de Coruña
 ( Casa das Ciencias / Planetario, o Domus e o Aquarium Finisterrae) como viaxe-despedida do noso centro educativo.
A visita a estes tres centros permite ao alumnado descubrir e experimentar para achegarse dunha forma diferente a cuestións relacionadas coa bioloxía, a física, a tecnoloxía, as matemáticas e tantos outros temas que se abordan nas exposicións e actividades.
Resultou unha saída moi gratificante tanto para o alumnado como para o profesorado que acompañou nesta ocasión. Pasámolo Xenial...!!!!


https://goo.gl/photos/dw6RuRAk2rsEh1tb8
                                                       Preme na imaxe para ver FOTOS

GRADUACIÓN 6º E. PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria na última semana de cole andivemos moi ocupados preparando a festa de fin de curso.
Por equipos decoramos o ximnasio e o escenario; organizamos a merendola; e  a  GRADUACIÓN SORPRESA.


Grazas ás familias pola súa colaboración; á mestra Begoña por coordinar o obradoiro de  elaboración de birretes e condecoracións e ao mestre Paulino por facer as fotografías!!!

Foi unha xornada emotiva ; despediamonos da nosa escola de sempre para iniciar unha andaína nova.
ATA SEMPRE QUERIDA ESCOLA!!! 


                       FOTOS GRADUACIÓN


https://issuu.com/kangurines/docs/promoci__n_2008-_2017
                          (Preme na imaxe e viaxa dende 2008 ata 2017 )

domingo, 18 de junio de 2017

EXCURSIÓN AO VIXIADOR


O venres 16 de xuño o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria foron de excursión ao monte Vixiador onde pasaron un día moi caloroso e moi divertido.
Os nenos e nenas de3º e 4º realizaron unha andaina seguindo a ruta das mamoas .
Se premedes enriba da foto podedes ver máis

jueves, 15 de junio de 2017

ALUMNADO DE 5º VIAXA A SANTIAGO EN TREN

O alumnado de 5° de Primaria, acompañado das nosas titoras, visitamos a cidade de Santiago de Compostela. Saimos do colexio cara á Estación de Guixar. Ali collimos un tren que nos levaría ao noso destino. Para moitos de nós era a primeira vez que viaxabamos en tren. Ao chegar à estación de  Santiago tomamos algo para recargar forzas.
Dirixímonos hacia a Catedral, pasando polo edificio do Parlamento Galego,  a Plaza de Galicia e a Alameda. Na Catedral tivemos a sorte de poder ver o botafumeiro. Fixemos un recorrido por dentro, pero as obras de restauración non nos deixaron poder vela en todo o seu esplendor.

Despois de mercar algúns recordos,  comemos resguardados da choiva debaixo dos soportais do Concello,  contemplando a fermosa Praza do Obradoiro. Na Alameda  compartimos xogos Voltamos a Vigo tamén en tren. As nosas familias agardábannos. Pasàmolo xenial!

Prema na foto para ver máis imaxes

https://goo.gl/photos/LaJofdtYSL4xV19x8

lunes, 29 de mayo de 2017

IV QUEDADA LITERARIA

O alumnado de 4 anos de educación infantil e 4º de primaria, asistiron a IV Quedada Literaria organizada por varios colexios  e coa colaboración da biblioteca de proximidade Xosé Neira Vilas e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Nela rendimos unha homenaxe a lingua galega, nunha contorna natural e moi emblemática dentro da nosa cidade, O PARQUE DE CASTRELOS.

A rapazada fixo unha lectura individual (por suposto en lingua galega) e logo a compartiu cun neno ou nena do colexio CEIP FRIÁN-TEIS, TAMÉN  intercambiaron marcapáxinas feitos por eles.
O acto rematou cunha actuación do grupo Migallas e cantando todos a Canción "O Libro Máxico " de Migallas.


Resultou unha experiencia moi interesante.


domingo, 28 de mayo de 2017

CONCURSO RUMBO ÁS ILLAS

O día 25 de maio, o alumnado de 4ºA e 6ºB gozaron do seu premio,  unha visita ás illas Cíes en compañia das mestras e dos monitores do parque nacional . Realizaron rutas diferentes , nas que tiñan que pescudar información sobre o parque. Xuntos,  xantamos na praia de Rodas e poidemos gozar deste paraíso que son as Illas Cíes.
Para ver as actividades que levaron a cabo cada grupo preme na súa imaxe.
http://kangurines.blogspot.com.es/2017/05/o-dia-25-de-maio-gozamos-da-ansiada.htmlhttp://medramosaprendendo.blogspot.com.es/2017/05/rumbo-as-illas-cies.html

                                    FOTOS