jueves, 27 de junio de 2019

Graduación sexto de educación primaria



O alumnado de sexto rematou os seus estudos no CEIP O Pombal  co acto de graduación no que  despedíronse dos seus compañeiros e mestres.
Estaban moi felices porque despois de tanto esforzo comezaban as vacacións.
Bo verán!!!! 


Enlace para ver todas as FOTOS


Excursión a Coruña do alumnado de sexto


As nenas e nenos de sexto de educación primaria realizaron a excursión de fin de etapa, como tódolos anos, á cidade da Coruña. Fomos ver tres dos museos máis importantes de Galicia: "A Domus", "O Acuario" e "A Casa das Ciencias". Tamén disfrutamos dunha sesión no planetario que foi moi interesante.
Pasámolo moi ben nesta derradeira saída na que nenas, nenos e mestras aprendemos moito e despedímonos despois de tantos anos xuntos.
Desexámosvos o mellor para esta nova etapa que comeza e sempre nos lembraremos de vos.
Moita sorte!!!!

Preme na imaxe para ver todas as FOTOS

https://photos.app.goo.gl/VRbz6BXn9dEHwoAq8

miércoles, 19 de junio de 2019

Vixiador

Hoxe  o alumnado e profesorado do POMBAL realiza a excursión de fin de curso, celebramos un día de convivencia escolar, eleximos  o vixiador  posto que é un espacio natural que nos encanta polas actividades que alí podemos facer. Imos realizar  catro  rutas de sendeirismo diferentes , tendo en conta a nosa idade e intereses,  poderemos observar as mámoas, a flora e fauna deste parque.
 

 Compartiremos comida e xogos nesta xornada de convivencia que tanto nos agrada!


Patri Díaz

O venres día 14 tivemos unha visita moi especial, PATRI DíAZ, unha  ex- alumna do Pombal.
Patri é xogadora do Deportivo dá Coruña, o equipo femenino que este ano ascendeu a 1ª división. Foi  un pracer e un honra poder compartir con esta deportista de elite esta xornada.
O alumando de 4º e 5º tiveron a ocasión de escoitar a súa andaína polo mundo do deporte. Animounos moito a  practicar algún deporte.







Patri estaba feliz de estar  no colexio que a viu crecer.
Grazas por compartir connosco esta xornada!!

domingo, 2 de junio de 2019

ENGLISH WEEK



Get ready for our next English Week!!!