lunes, 23 de diciembre de 2019

NADAL 2019





Como xa ven sendo tradicional, o último día de cole , o alumnado e profesorado  celebramos fin de ano. Este ano cantamos panxoliña e recibimos o aguinaldo; despois as badaladas en directo con presentadores especiais Laura e Javier, música disco, fotógrafos profesionais.....é unha festa sorprendente con moita ilusión e alegría. Por cada badalada un lacasito ou gusanito.... Que  ricoooo!!!!  




domingo, 22 de diciembre de 2019

jueves, 21 de noviembre de 2019

70 ANIVERSARIO

O CEIP Plurilingüe O Pombal ,   hoxe   22 de novembro está de aniversario , cumpre 70 anos, imos celebralo con  diversos actos festivos e culturais.

   Ao evento está invitada a comunidade educativa, así como tamén diversas autoridades ( Alcalde, Xefe Territorial de Educación, Inspección Educativa....) , antigos alumnos/as e mestres/as xubilados.

   Haberá diversos actos  pola mañan cos nenos/as e as familias, amenizados polos Gaiteiros de Pardavila, Barafunda Animación e outras sorpresas.

    Pola tarde será o acto de carácter mais institucional coa presenza das autoridades : discurso de benvida, charla sobre a arquitectura do colexio, vivenzas e lembranzas dos ex-alumnos/as , exposición fotográfica e de obxectos antigos nos corredores do centro...  ademais da actuación do Grupo de Música Tradicional O Fiadeiro.

   A destacar  a visita nesa data festiva de tres persoeiros da cultura galega : o poeta Antonio García Teijeiro, a escritora Ledicia Costas e o pintor Raúl Velloso,que apadriñarán tres aulas do noso centro.                                                                                                                             


martes, 12 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019


 A FESTA DO MAGOSTO resultou  animada e superlúdica.  Durante a  semana comezaron  os preparativos,   elaborando as nosas creativas caixas de aula e cestiños  para as castañas. Aprendemos unha canción para este día.



 Novamente contamos con xogos que tan amablemente nos presta a asociación de xogos tradicionais e o concello do Grove. E este ano tamén estreamos os nosos propios xogos. 



 O pavillón do centro foi o campo de xogos para o alumnado de 3º,4ºe 5º, a zona de paso, foi o lugar de xogos para o alumando de 1º,2º e 3º, debido ao mal tempo tivemos que utilizar o gimnasio e os porches do colexio.




  O alumnado de E.Infantil gozou da xornada de xogos na súa zona. Elaboraron uns fantásticos cestiños para as súas castañas.



 O alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos. Todos/as gozaron pasando polos  postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.


 Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.
 


PASÁMOLO  XENIAL!!


https://photos.google.com/album/AF1QipOIsVOJsmEk5A8abQ5hgkma7CGTygJ91YgyAYpa