martes, 26 de febrero de 2013

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

Este martes día 26 os nenos e nenas de 4 anos participamos nesta actividade do noso Concello, que consiste na recuperación de xogos tradicionais, xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico. O noso alumnado tivo que ir superando as distintas probas que lles propuxeron de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.


sábado, 23 de febrero de 2013

MERENDOLA DE ENTROIDO

Con motivo da celebración desta festa tradicional e coa colaboración das familias o alumnado de infantil disfrutou da degustación dos postres típicos do entroido da nosa terra: orellas, filloas e flores.


CELEBRAMOS O ENTROIDO

Este ano a temática do Entroido xirou arredor do eslogan da Biblioteca do Colexio: "Planeta auga, satélite lectura".

Coma todos os anos fixemos todos xuntos as fotos de grupo e un pasarrúas polo Calvario.

FOTOS DE GRUPO

 

FOTOS DO DESFILE



ORDES DO MECO


lunes, 18 de febrero de 2013

CONTO "DOÑA CARME"

Non vos podedes perder a historia de "Doña Carme" contada por Xoán e Hugo de tres anos.

É incrible!!! Que ben o fan.

jueves, 7 de febrero de 2013

AITOR PONCETE: EL CARNAVAL

Hoxe recibimos outro caso de Aitor Poncete para resolver!!!! Pois resulta que no taller de costura dos disfraces do entroido hai un lío e non se sabe de quen é cada prenda. 
Tivemos que axudalo antes de que fora demasiado tarde, xa que o carnaval está á volta da esquina.

Queredes ver como nos foi???? Dádelle ao play.

martes, 5 de febrero de 2013

MÓLLATE POLA PAZ

O 30 de xaneiro todo o centro celebrou o Día da Paz baixo o lema: "MOLLATE POLA PAZ".




Elaboramos un mural con pingas no que escribimos os nosos desexos de paz, compromisos, poesías... 



Decoramos unhas pedras brancas para encher a palabra PAZ e unha POMBA debuxadas no xardín do colexio.





Por último, despois dunha pequena lectura polos nenos de primaria, todo o alumnado cantamos e bailamos a canción de Macaco "Mensajes del Agua" que nos ensinou a mestra Teresa.



lunes, 4 de febrero de 2013

"PODEMOS SER MELLORES"

Os alumnos e alumnas de quinto de primaria do Ceip Valle - Inclán, co motivo da celebración do Día da Paz e Non Violencia no seu cole, fixeron un gran anuncio co lema "PODEMOS SER MELLORES" , dirixidos polo seu mestre Óscar.

Merece a pena adicar un momentiño a ve-lo e reflexionar que debemos comezar a sementar a Paz coas persoas que temos ao noso arredor. 

Para poder ver o vídeo só tendes que clicar na seguinte imaxe.