O alumnado de 6º de Educación Primaria foi visitar o Castelo de Sobroso, un castelo medieval construído entre os siglos IX e XI, situado no municipio de Mondariz.
En 1117 Doña Urraca foi cercada neste castelo polos partidarios do seu fillo, co que estaba afrontada, pero conseguiu escapar e volver a Santiago de Compostela como se relata na Historia Compostelana.
Foi practicamente destruído en 1467 durante as Guerras Irmandiñas e posteriormente reconstruido no siglo XV por Pedro Madruga.
O Concello de Ponteareas comprouno en 1981 aos seus herdeiros para rematar de restauralo e crear nel un museo histórico e etnográfico da comarca do Condado.
Actualmente é a sede do Centro de Recuperación e Difusión da Cultura Popular do municipio de Ponteareas no que dende o ano 1998 manteñen varias exposicións. Nós tivemos a sorte de ver a titulada "Dos pés á cabeza".