jueves, 5 de noviembre de 2015

Samaín e Halloween!

Xa están aquí as terroríficas fotos de Samaín e Halloween. A verdade é que daba medo entrar ao colexio! Grazas ás familias por participar no concurso de cabazas e parabéns aos premiados!



miércoles, 28 de octubre de 2015

Recibimos visitas!

No CEIP O Pombal sempre abrimos as portas a aquelas entidades e persoas que queiran vir ao cole a compartir con nós as súas experiencias porque somos un centro aberto e pensamos que a escola debe estra conectada coa sociedade.

Por ese motivo, onte tivemos un obradoiro de comida saudable organizado pola Fundación Patrimonio Comunal Olivero e Clan TV. No comedor, os rapaces aprenderon sobre hábitos saudables e cociñar algunhas receitas para comprobar que pódese comer ben e disfrutar da comida.

Ademais, hoxe recibimos a visita de científicos do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que con motivo do lema deste ano, a ciencia, compartirán co alumnado unhas sesións de experiementos e explicacións en diversas instalacións no centro.





lunes, 12 de octubre de 2015

ENTREGA DO PREMIO DA FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS

Todo o claustro de mestras e mestres estamos moi contentos coa acollida que tivo o noso proxecto e a exposición que presentamos con todo o traballo feito polo alumnado de 4º,5º E 6º  de primaria do curso pasado.

Aqui podedes visionar un pequeno  tráiler do que foi ese día.

A EXPOSICIÓN PERMANECERÁ ABERTA ATA O 15 DE NOVEMBRO.

ANIMÁDEVOS A VISITALA! 


jueves, 17 de septiembre de 2015

EXPOSICIÓN PROXECTO LAVADORES: EXCURSIÓN E PREMIO ANTONIO FRAGUAS

Lembrades o Proxecto "Lavadores: pasado e presente da nosa parroquia" que fixemos o ano pasado os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria? 
O  obxectivo era dar a coñecer a orixe do antigo Concello de Lavadores e os seus elementos etnográficos máis salientables, para o que investigamos sobre o barrio, as fontes, os lavadoiros, o nome das rúas, etc. e traballamos dende todas as materias e áreas: titores/as, Música, Relixión...

Pois fixémolo tan ben que a Fundación Antonio Fraguas ofreceunos expoñelo no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Ademais, os rapaces de 5º e 6º xunto cos seus mestres/as irán a Compostela o día 25 deste mes para recibir o premio.


Parabéns aos rapaces e ás familias polo esforzo e polo éxito desta aventura, así como ás mestras e mestres que fixeron posible este proxecto que pon en valor o noso barrio.

Se queredes podedes ver a GALERÍA DE FOTOS da excursión e do acto oficial, no que a mestra María, coordinadora do proxecto, recolleu o premio.

miércoles, 16 de septiembre de 2015

BENVIDOS/AS AO CURSO 2015-16!

Chegou setembro e con este mes á esperada volta ao cole. Xa levamos unha semana de clases e as cousas comezan a  estar en marcha. O equipo de mestres e mestras do CEIP O Pombal desexámovos 
un bo e satisfactorio curso e poñémonos á vosa disposición para que así sexa.

Aínda que de momento estamos adaptándonos e organizándonos, pregamos ás familias que os alumnos/as vaian traendo o material aos poucos nun breve prazo de tempo para poder comezar as clases con normalidade, así como que estean atentas ás circulares que iremos enviando con información.

Ánimo a todos e a aprender moito!

O CLAUSTRO DO CEIP O POMBAL



martes, 16 de junio de 2015

EXCURSIÓN AO PARQUE FORESTAL DO VIXIADOR

Xa estamos remantado o curso, e como xa ven sendo tradicional no colexio, a rapazada de 1º,2º,3º e 4º de primaria fomos pasar un día de convivencia ao Parque Forestal do Vixiador pertencente a parroquia de Candeán.
(como sabedes antiguamente formaba parte do concello de Lavadores)

O alumnado de 4º realizou una pequeña andaina pola ruta das mámoas  pasando tamén pola Lagoa dos Seixos.

Foi un día de ledicia e diversión onde todo o alumnado e os mestres e mestras pasámolo xenial.
se queredes ter máis información prema enriba da imaxe.




domingo, 14 de junio de 2015

I ANDAINA POLO BARRIO DE LAVADORES


I ANDAINA POLO BARRIO DE LAVADORES


O noso alumnado  de 4º, 5º e 6º de primaria,  investigaron e recadaron información sobre o  antigo concello de Lavadores.

Agora é o momento de poñernos en marcha e percorrer as rúas para poder admirar e ver no seu lugar todo o que aprendimos nos libros e do que faláronnos os avós e avoas na semana cultural.
Esperemos poder continuar estas andainas nos cursos vindeiros.

Podedes gozar con nós nesta;
 I ANDAINA POLO BARRIO DE LAVADORES .
( A música que se escoita de fondo é  “Sereas” do CD de Luar na Lubre).






viernes, 12 de junio de 2015

OBRADOIROS DE ENERXÍAS RENOVABLES



O alumnado de 3º e 4º de primaria participaron nun obradoiro sobre aS enerxias renovables.
Ensiñáronlle como funcionan: os paneis solares, os aeroxeneradores , as turbinas  o colector solar e as placas solares dun xeito moi lúdico.

Con este tipo de actividades preténdese fomentar o uso eficiente e racional da electricidade e promover a toma de conciencia sobre o valor da enerxia para unha mellor calidade de vida.


                                                    MOMENTOS DO OBRADOIRO


Para mayor información podes visitar a pax    http://blog.endesaeduca.com/


jueves, 4 de junio de 2015

II QUEDADA LITERARIA NO PARQUE DE CASTRELOS


O xoves 28 de maio participamos na II Quedada Literaria. Unha actividade organizada polos centros educativos de: CEIP Frian Teis, O Chouzo, Ría de Vigo, O Pombal, Carrasqueira e IES O Castro .
Contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Vigo,e a participación da BPM Valle-Inclán de Redondela e a biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo.

 A rapazada dos colexios quedaron no parque de Castrelos para pasar unha mañá mergullados na lectura nun entorno natural cheo de frescura e tranquilidade .

Andrea Bayer e "Roque Roquiño" foron os encargados de clausurar esta xornada que esperamos repetir o ano que ven! .

 Orde de actuación no acto de clausura.





Visitamos os nenos de Infantil a granxa kiriko..Foi un día diferente;puidemos ver os animais dunha granxa,plantamos chícharos,,,,

martes, 2 de junio de 2015

Excursión

Participamos no obradoiro de Afundación adicado ao homenaxeado este ano das Letras Galegas "Xosé F.Filgueira Valverde"
  Xogamos a buscar pistas,escoitamos música tradicional galega e tamén bailamos,,,


-

jueves, 14 de mayo de 2015

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Co galo das Letras Galegas,preparáronse unha serie de actividades culturais.
PARABÉNS a todos os nenos e nenas que participan na obra teatral e no grupo musical que grazas ao seu esforzo e traballo extra nos recreos fannos gozar destes momentos tan ledos.
Tamén agradecementos as mestras: Mª José.Teresa,Rocio, Montse e o mestre Aitor que no seu tempo de lecer estiveron axudando a esta rapazada.



martes, 5 de mayo de 2015

AS PANDEREITEIRAS DO POMBAL


No mes de abril o alumnado de 5 anos de infantil invitou ao alumnado de 4º de  primaria a escoitar ás pandereiteiras :Naiara,Irene e  Noelia .
Pasámolo moi ben, son as futuras pandereiteiras!!! Moitos parabéns!!

viernes, 1 de mayo de 2015

SEMANA CULTURAL

Nesta semana recibimos a visita de avós,avoas  moi vinculados co noso barrio do Calvario e coa parroquia de Lavadores.
O alumnado recibiunos na biblioteca e resultou unha experiencia moi entrañable.
Aquí tedes o cartel anunciando as actividades. Esta elaborado coas fotos que enviaron as familias.
Parabéns e grazas por estas experencias compartidas!



Nesta recopilación de fotos recollemos algúns momentos das charlas. Foi unha experiencia moi entrañable e moi ben recibida polo alumnado.





miércoles, 29 de abril de 2015

PADRIÑOS LECTORES

Como xa fai varios cursos, no colexio celebramos o mes dos libros con moitas actividades relacionadas cos libros:

  • Encontros con autores
  • Contacontos
  • Exposicións,....
O día  23 de abril,aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare,festexamos este día dun xeito moi especial: O alumnado de 4º,5º,e,6º de primaria, le contos ao alumnado de infantil,1º,2º e 3º de Primaria.






Dez días antes  faise unha xuntanza na biblioteca con toda esta rapazada para darlles o seu carnet de padriños lectores e o curso. Neste carnet aparece o nome do padriño/madriña e os seus afillados/as.


 Nos recreos desas semanas adicáronse a coñecer mellor aos seus afillados e a preparar as lecturas elexidas para esa ocasión.



Os afillados/a prepararon marcapáxinas para agasallar aos seus padriños e madriñas nese día tan especial

O alumnado elexiu o lugar máis axeitado do patio para ler o seu conto elexido e durante 20 minutos,na Hora de Ler, creouse un clima de lectura moi especial.A música que acompañou durante esta sesión  foi o concierto en Sol m para dous chelos de Vivaldi 2º movimento.



martes, 21 de abril de 2015

Visita do pintor RAÚL VELLOSO



 O martes 14 de abril vistita do pintor de Cangas Raúl Velloso:
Antes da súa visita xa investigamos moitas cousas sobre a súa pintura, o seu estilo tan persoal que ten ao pintar monumentos de Vigo, retratos de toureiros e de viúvas etc.
Encántanos o colorido que emprega nos seus cadros e tamén a sensación  de movemento  que reflicte nas súas imaxes.
Fixemos un obradoiro moi divertido onde aprendimos a utilizar as cores nun mural con diferentes caras da escritora Rosalía de Castro. Quedounos espectacular!!!

jueves, 9 de abril de 2015

jueves, 2 de abril de 2015

SEMANA DA POESÍA

Durante a última semana deste trimestre o equipo da biblioteca preparou unha semana dedicada á poesía: seleccionáronse poemas en diferentes idiomas para cada día e tamén a rapazada de cada ciclo fixeron recitais para os seus compañeiros e compañeiras.


Deixemos que a poesía entre nas aulas. Xoguemos a recitalas!!! 


  • A poesía ten musicalidade, estimula a imaxinación e a sensibilidade.
  •  È unha ferramenta perfecta para exercitar a memoria. As rimas fan máis doada a memorización do texto.


viernes, 13 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA


Ola rapazada!
Esta semana nas clases de infantil e de primaria etiveron traballando a prensa e rematamos este venres cunha gran venta de periódicos

Grazas a toda a comunidade educativa que participou e as mestras encargadas da biblioteca por este quiosco tan bonito.

SEMANA DA PRENSA - Kizoa Movie Maker
">

martes, 10 de marzo de 2015

NOME DE RÚAS CON NOME DE MULLER




Aproveitando o día da muller traballadora buscaremos información de rúas da barrio do Calvario e de lavadores con  nome de muller.

Prema enriba da imaxe e terás  información que nos proporciona o concello de Vigo.

http://www.igualdadevigo.org/archivos_editor/file/noticias/con_nome_de_muller_unidade_didactica.pdf


lunes, 9 de marzo de 2015

VISITOUNOS NO COLE O CAMIÓN "VIGORECICLA"

DESPOIS DE ESCOITAR A EXPLICACIÓN DA MONITORA, XOGAMOS A RECICLAR NOS DIFERENTES COLECTORES E CONCIENCIÁMONOS DA IMPORTANCIA DUNHA BOA RECICLAXE.

sábado, 21 de febrero de 2015

FOTOS DO ENTROIDO

Para todas as familias que non poideron ver nin gozar da festa do entroido e para todo o alumnado que estivo e quere volver e lembrar eses momentos, aquí tedes unha pequena galería de fotos que recollen os disfraces e os momentos de toda a comunidade educativa.

FOTOS DO ENTROIDO

 Aquí tedes unha pequena mostra do que foi traballo da preparación da festa do entroido en 4º de primaria  relacionada co pintor velázquez e o seu cuadro das Meninas.

martes, 3 de febrero de 2015



Xa estamos preparándonos para celebrar o entroido, e como tódolos anos, imos  celebralo e prepararemos os nosos disfraces na clase.
Este curso como estamos traballando sobre a arte , o alumnado do 2º ciclo de primaria imos disfrazarnos dun cadro moi interesante e coñecido mundialmente....... AS MENINAS!!! .



Se premes enriba do cadro e atoparedes  unha explicación sobre quen aparece no cadro e un vídeo explicativo  das  Meninas do Museo del Prado.


Agora mans a obra e:


     Busca información sobre o pintor e a que época pertence.
     Analiza as características que compoñen esta obra: cores,tamaño do lienzo,técnica ,      luz, profundidad,,…
      Investiga sobre os personaxes que aparecen no cadro:como se chaman, que fan,...
       Descobre outras versións sobre as Meninas feitas por outros pintores.


Se queres saber máis podes premer enriba da Infanta Margarita: 



Agora imos  xogar e  Desenrolar a  túa atención polo detalle! Busca nestas obras os elementos ocultos e descobre o que de outra forma non verías.





viernes, 30 de enero de 2015


O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria asistimos a actividade didáctico-musical: "Na percura do tesouro"interpretada pola Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra.no teatro García Barbón


Xurxo non cría nas lendas dos mouros. ¡Son cousas de vellas!- pensaba. Pero estaba moi convencido de que aqueles debuxos nas pedras do monte eran as marcas do mapa dun tesouro. Moura, a gardiá da cova, axudáralle a liberarse da gran e malvada Serpe dándolle as claves e as pistas das probas que Xurxo debería superar NA PERCURA DO TESOURO.

Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns, seres mitolóxicos,... conforman as sendas que levan a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se é compartido e respectado: a lingua.

A obra musical estivo moi divertida e amena,foi un musical coma os de Broadway !!!!


aqui tedes unha pequena mostra.



Teatro: "Na percura do tesouro". from Ceip o Pombal on Vimeo.

jueves, 29 de enero de 2015

30  de Xaneiro día da PAZ

O 30  de xaneiro celebramos o día da Paz.
Durante toda a semana realizamos actividades entorno a Paz e a NON violencia.
  • Construimos entre todo o alumnado do cole o cuadro do Guernica de Picasso máis ...... dándolle un toque de cor! .

Mirade que colorido está agora


  • Coa mestra Teresa aprendemos a canción  Xira

Dalle co rato enriba da Pomba  de  Picasso  e escoita a canción de Xira



Aqui tedes a letra da canción:

Xira , xira que te xira,
arredor do mundo, xirareiiiii.
Xira , xira que te xira,
arredor do mundo, cantareiiiiii
arredor do mundo, xirareiiiii

Coas mans collidas,
formando unha gran roda,
que o mundo poderá abrazar,
sendo bos amigos,
sempre moi unidos,
xuntos poderémolo coidar.
Retrouso

                                                               Nos vales e nos ríos,
                                                               nos vales e nos montes,
                                                               a nosa axuda serviráááá
                                                               para ter aire puro
                                                               un mundo máis seguro
                                                               xuntos poderémolo acadar, aar, aar

Retrouso (bis)

.

CELEBRAMOS A PAZ NO POMBAL from Ceip o Pombal on Vimeo.

martes, 20 de enero de 2015

PROXECTO SOBRE LAVADORES


 


Neste trimestre  o noso alumnado,xunto co profesorado e as familias iniciamos un traballo de investigación  para coñecer mellor o barrio onde vivimos.

o alumnado de 4º de primaria buscou información sobre:

  • O río  Lagares que baña a nosa cidade: onde nace,por onde pasa,que recorrido ten....
  • Os muíños: como funcionan,como se chaman as súas partes,temos algún na zona?
  • Os lavadoiros, fontes,.... é dicir ,todo aquilo que guarda relación coa auga.

Foi un traballo moi interesante,toda a rapazada e as mestras aprendemos moito!!

Descubrimos que :

  • Moi preto do colexio,na parroquia de Cabral ,Candeán e Lavadores,existen muíños que aínda funcionan e outros en desuso.
  • Tamén a cantidade de fontes e lavadoiros que hai espallados por toda o zona.
Aquí podedes ver o moito que traballamos no colexio buscando información.

No mes de decembro fixemos unha saída para ver "in situ" todo o que aprendemos, e a verdade é que resultou fenomenal!.Toda a rapazada ía moi motivada, e grazas a colaboración de Manuel Costas ( Secretario da Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral) que foi un  guía  estupendo  e   acompañándonos durante todo o camiño os nenos e nenas poideron agarimarse con tódalaó experiencias novas

Tamén queremos agradecer aos veciños donos do muíño de Parada,Don Daniel e Dionisio a súa dedicación por poñer a moer o muíño e atender a tódalas  preguntas dos nenos e nenas.

 Aquí déixovos o que escribiu  Ana Benavides sobre o vivido na saída.


Grazas Ana ,eres unha gran redactora !!!



Excursión á Lagoa Mol

Ola son Ana Benavides Viñas, unha nena de 4º de primaria, estudo no colexio Pombal e fixen unha redacción arredor dunha saída que fixemos á Lagoa Mol.
O primeiro que fomos visitar foi o bosque en Cabral, vimos un cruceiro de 1962, tamén vimos un hórreo, un cartel, unha lagoa XXL, un camiño,amieiros,salgueiros, plantas invasoras, parrulos, un campo de golf, ...
Despois fomos visitar o muíño de auga, alí explicounos o sr. Costas como se moe. 
Primeiro cae a auga con forza por unha pendente e entra no muíño facendo xirar a moa. Logo botamos os grans de millo pola moega e baixan ata a tarabela que deixa pasar os grans dun en un. Cando os grans caen na moa, a moa esmágaos e convérteos en fariña.
 Posdata: tamén nos deron fariña.
Ademais visitamos un peto de ánimas, un home falounos de que se podía ir alí para rezar polas persoas que morreron.
Máis tarde, fomos merendar a un parque que había en Candeán.
Por último, visitamos un dolmen  que era onde enterraban os mortos antigamente, ata encontramos un anaco de pel cosida moi antiga!!!.
Ademais, vimos dous canastros onde gardaban o millo: un moi antigo, e outro moi novo. Explicáronnos que a cruz que levan enriba é para que protexa o millo e o pico para defender o millo como se fose unha espada.
En canto ós pés do canastro, contáronnos que teñen unha pedra circular enriba de cada pé, que se chama tornarratos, que é para que non poidan subir os ratos a comer o millo

3 VISITA AO MUIÑO - Kizoa Movie Maker

domingo, 18 de enero de 2015

CELEBRAMOS O NADAL EN PRIMARIA


O alumnado do 1º e 2º ciclo de primaria celebraron o Nadal cantando panxoliñas e tomando OS 12 Lacasitos  para  iniciar  cun sabor doce o ano 2015.Juan Pedro foi o encargado de dar as campanadas.!!!




aquí van as CAMPANAS!!!!