viernes, 28 de abril de 2017

Os alumnos de 4ºA resultaron GAÑADORES no concurso Rumbo ás illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas co seu relato e foto- escena titulada "Os guardiáns das illas".
 O premio será unha viaxe ás illas Cíes con ruta guiada . 


FELICIDADES A TODA A RAPAZADA DA CLASE!!!

         Como vedes o esforzo paga a pena.



Todos os nenos e nenas da clase elaboración un relato curto  para participar no concurso organizado polo Centro de Interpretación das Illas Atánticas.
Primeiro informáronse da situación, e das características da fauna e flora das Illas.
Cada grupo tiña unha illa e un paxaro e entre todos inventaron o seguinte relato. Está xenial!!!

OS GARDIÁNS DAS ILLAS

Nunha paisaxe verde azulada,mergullada entre as augas,encontrase a illa de Cortegada  Alí, fai  miles de anos, vivía un curandeiro vello e traballador. Un día de tormenta púxose enfermo,ia morrer.

Unha meiga apareceu e deulle unha poción para ser inmortal,máis con dúas condicións:

 A primeira:  tiña que adoptar a forma dun Vello Loureiro e a  segunda: protexer as illas do parque.

Pasaron os días e o vello Loureiro(así foi o nome que lle puxo a meiga) deuse conta que non  podía facelo so,necesitaba uns gardiáns que protexeran as Illas, e escolleu a tres paxaros. 
Chamou ao seu compañeiro o Lagarto Arnal para que lle axudara a reunilos.
 Arnal, foi a avisar a súa amiga,a Sepia Tinteira, para que escribira no mar a seguinte mensaxe:

“NECESITAMOS AXUDA !
UN PAXARO DE CADA ILLA TEN QUE VIR A  CORTEGADA CUNHA FOLLA  ”

Mentres tanto….

A gaivota patiamarela estaba nas Cíes,cando leu a mensaxe; axiña e veloz colleu unha herba de namorar e foi a avisar a Galán.

Galán,que é o nome do corvo mariño cristado, estaba aseándose as súas plumas da crista na súa guarida, situada na greta máis baixa do Burato do Inferno; asomouse a porta e viu o súa amiga que lle contou a mensaxe de Tinteira….. e decidiu levar unha xesta.

 Pararon  na illa de Sálvora  e alí atoparon na praia a píllara Cantora  afiando a súa voz. Axudáronlle a buscar unha pola de sabugueiro e  preparáronse para continuar a súa viaxe.
Ao chegar a Cortegada a Sirena da praia indicoulles o camiño  da ermida onde se atopaba o Vello Loureiro.
Cando chegaron o Vello alegrouse moito de velos, explicoulle porque os chamara e pediulle unha pluma a cada un, despois chamou a Arnal para que  preparara a poción cos ingredientes que traían: unha flor de namorar,unha pola de sabugueiro,unha xesta,3 follas de loureiro e as 3 plumas dos paxaros.
Eles beberon esta poción e adquiriron poderes máxicos:

_ A píllara co seu peteiro negro, máscara vermella e co seu graznido curto e potente é  capaz de  avisar aos gardiáns das illas das especies invasoras.

_ A gaivota patiamarela cando tócanlle no se peteiro lanza bolas de  lume contra as rochas creando portais e pasadizos segredos.

_  O cormorán crisado ten as plumas da crista máis afiadas e pode lanzar lóstregos cando hai perigo no mar.

Dende aquela di a lenda que sempre que visites un destes arquipélagos poderás ver algún  gardián,que te protexerá,
Pero…. Ollo con non respectar as normas das especies protexidas!
Porque OS GARDIÁNS SEMPRE ESTÁN VIXIANTES  NAS DUNAS OU  AGOCHADOS  NAS ROCHAS.


 Despois de moito traballar o resultado final da foto vivinte foi este!. 








Hoxe venres, o alumnado de 4º de primaria,recibiu a autora do libro Alma y la Isla.
André fixo unha pequena reseña literaria do libro

ALMA Y LA ISLA
Otto es un niño que vive  con su familia en una isla. Un día, su padre que era marinero llegó a casa con una niña negra a la que

había rescatado del mar. El padre de Otto dijo que se llamaba Alma. A Otto no le gustaba que viviera en su casa porque todos

le prestaban más atención a ella. Como Otto no estaba contento

con Alma se la llevaron con los demás refugiados. Entonces

Otto empieza a echarla mucho de menos y quiere que vuelva

a su casa. Pero ella tiene que ir a la península con otra familia de

acogída. Alma y Otto se repartieron un amuleto que les serviría  de unión para siempre.








martes, 25 de abril de 2017

CHARLA DISCAMINO



Con motivo do día mundial da bici, o alumnado de 6º de educación primaria, participou dunha charla.
Poidemos comprobar como hai persoas que son un exemplo a seguir, uns pola súa entrega e colaboración axudando aos máis necesitados e outros porque a pesar das dificuldades conseguen demostarnos que nada é imposible.
Agradecemos a Javier Pitillas, e a todo o equipo de DISCAMINO, ter compartido esta experiencia connosco.

OBRADOIRO MANGA

O día 7 de abril vistounos Daniel Docampo un debuxante internacional que fixo o deleite do alumnado de 4º a 6º de primaria. Ensinounos como realizar un debuxo seguindo unhas pautas. Ainda que de principio parecía complicado ,foi ben doado . Todos fomos quen de facer a figura que nos propuxo ( Pikachu). Fíxonos unha presentación sobre manga e recomendounos algún comics interesantes. Foi moi divertido , debuxa moi ben, é moi simpático e desexámoslle que teña moita sorte. Esperamos poder compartir.... axiña máis experiencias.


Para ver máis fotos preme AQUÍ

lunes, 17 de abril de 2017

Visitounos ANXO FARIÑA

O 30de marzo ANXO FARIÑA veu á biblioteca Castelao e falou  sobre como se inspirara e como realizou o libro " A chave da Atlántida". Contou cousas sobre o seu  interese polo robots e a súa viaxe ás Illas Cíes,  alí foi onde comezou a historia deste libro.
Respondeu ás nosas preguntas e asinou libros. Deixou unha fermosa dedicatoria no libro dá biblioteca e agasallounos cuns debuxos seus. Aconsellounos como debuxar mellor,etc.
Acaba de publicar un libro,regalou marcapáxinas coa súa portada.
Foi un pracer compartir  inquedanzas, cun escritor / ilustrador tan entretido.

Preme en FOTOS para ver todas as imaxes dese día.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1354008133/contido/a_chave_da_atlantida.html

                       Preme na portada do libro para realizar unha serie de actividades LIM

lunes, 3 de abril de 2017

VISITA DA ESCRITORA BEATRIZ MACEDA

O venres veunos visitar Beatriz Maceda Abeleira, autora do libro que tivemos lendo este trimestre: “O álbum de Garrincha”. Contounos una chea de curiosidades e contestou a todas as preguntas que tiñamos. 

Fixemos un traballo previo de investigación sobre moitas das cousas que o libro nos ofrecía. Segundo o libro nos ia abrindo portas sobre un tema que descoñeciamos alá iamos nos indagar algo máis ata facer un libro xigante sobre “o álbum de Garrincha”.

Soubemos na charla que os persoaxes eran reais, foron alumnos desta mestra da Coruña. O que fixo que a historia emocináranos aínda máis. 

Bea deixounos unas fermosas palabras no libro da biblioteca e fíxolle unha dedicatoria a cada un de nos. 

Valoramos unha vez máis, grazas a Bea e a Joâo, o protagonista do libro, a importancia da amizade.





domingo, 2 de abril de 2017

CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO


CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO
'Heroes e viláns musicais'

Os alumnos de 5º de Educación Primaria participaron no concerto didáctico 'Heroes e viláns musicais' organizado polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. O obxectivo é fomentar a música entre os máis cativos.
            Desde sempre os relatos das fazañas dos heroes e heroínas mitolóxicos, dos valentes personaxes da historia o dos máis incribles protagonistas da literatura e arte serviron de inspiración para compositores de diferentes xeracións.

Se premes enriba da foto podes escoitar a banda sonora dunha película moi coñecida.


Os rapaces entraron no conservatorio superior de música ao ritmo de Rocky, interpretado pola banda sinfónica do Conservatorio.
Entre outras composicións escoitaron un fragmento da Obertura de 1.812. Op. 40 do compositor Tachaikovskye música de John Williams: fragmentos da banda sonora de Superman, das olimpíadas, ...
Identificaron instrumentos da familia de vento metal e percusión. Algúns alumnos saíron a tocar algúns destes instrumentos
Explicaron algúns recursos que empregan os músicos para componer: dinámica, tempo, articulación, e modo